![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Salvora_e_Agui%25C3%25B1o.jpg/640px-Salvora_e_Agui%25C3%25B1o.jpg&w=640&q=50)
Illa de Sálvora
illa na ría de Arousa, da parroquia de Aguiño (Ribeira) / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa de Sálvora (/ˈiɟɐ ðɪ ˈsalβʊɾɐ/) é unha pequena illa situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira, creada no ano 1959, mais anteriormente, a illa dependía da parroquia de Carreira, que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes de Vionta, Herbosa e Noro, e coas illas Sagres, forma o arquipélago de Sálvora, integrado ademáis dende 2002 no Parque Nacional das Illas Atlánticas, coas illas Cíes, a illa de Ons e a de Cortegada.
Illa de Sálvora | |
---|---|
![]() En primeiro plano, Carreira e Aguiño. Ó fondo, a Illa de Sálvora. | |
![]() Localización da illa de Sálvora. | |
Situación | |
País | Galiza |
Rexión | A Coruña |
Provincia | A Coruña |
Arquipélago | Salvora |
Mar | Ría de Arousa |
Xeografía | |
Superficie | 1,9 km² km² |
Longura máxima | 2 km |
Punto máis alto | As Gralleiras (71 msnm) |
Distancia a terra | 3 km |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007,[1] atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.