Capela
lugar de culto relixioso xeralmente menor tamaño ca unha igrexa convencional / From Wikipedia, the free encyclopedia
Este artigo trata sobre o edificio relixioso, para a parte do pé do hórreo véxase o artigo tornarratos.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2016) |
Unha capela é un templo relixioso cristián, xeralmente de menor tamaño ca unha igrexa convencional. Pode estar construída no interior dunha igrexa, xeralmente anexa á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia.
Son usuais as capelas de vilas, colexios, universidades, cárceres, conventos, cuarteis, castelos etc. Á capela van orar basicamente os membros ou integrantes dunha crenza relixiosa.
A palabra capela provén do *cappella, diminutivo de cappa, capa.
A capela componse principalmente de retablo, altar, columnas ou piares pequerrechos. Hai capelas que pasaron aos anais da historia polo feito de que nelas tense realizado unha morea de milagres.