![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Salvora_e_Agui%25C3%25B1o.jpg/640px-Salvora_e_Agui%25C3%25B1o.jpg&w=640&q=50)
Illa de Sálvora
illa na ría de Arousa, da parroquia de Aguiño (Ribeira) / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.
Illa de Sálvora | |
---|---|
![]() En primeiro plano, Carreira e Aguiño. Ó fondo, a Illa de Sálvora. | |
![]() Localización da illa de Sálvora. | |
Situación | |
País | Galiza |
Rexión | A Coruña |
Provincia | A Coruña |
Arquipélago | Salvora |
Mar | Ría de Arousa |
Xeografía | |
Superficie | 1,9 km² km² |
Longura máxima | 2 km |
Punto máis alto | As Gralleiras (71 msnm) |
Distancia a terra | 3 km |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007,[1] atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.