From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Victoria (71°00′N 110°00′O) (ou Kitlineq)[1][2] é unha das Illas Árticas do Canadá dividida entre Nunavut e os Territorios do Noroeste. Cuns 217.291 quilómetros cadrados é a novena illa máis grande do mundo e a segunda máis grande do Canadá, sendo case o dobre de tamaño da Terra Nova.
Illa Victoria | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Canadá |
Provincias e territorios do Canadá | Territorios do Noroeste e Nunavut |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 71°00′N 110°00′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 217.291 km² |
Longura máxima | 700 km. |
Largura máxima | 564 - 623 km. |
Punto máis alto | 655 m Montes Shalers |
Demografía | |
Capital | Cambridge Bay (pob. 1.477) |
Poboación | 1.875 (2006) |
Densidade | 0´0086 hab./km² |
Lingua propia | Inuinnaqtun |
O nome da illa deriva da raíña Vitoria, quen foi soberana no Canadá desde 1867 ata 1901
Contén a illa máis grande do mundo dentro dunha illa.[3] O terzo occidental da illa pertence á rexión Inuvik nos Territorios do Noroeste. O resto é parte da rexión de Kitikmeot en Nunavut.
En 1826 John Richardson viu a costa do suroeste e chamouna "Terra de Wollaston".[4] En 1839 Peter Warren Dease e Thomas Simpson seguiu a súa costa sueste e chamouna "Terra de Vitoria".[5] Un mapa publicado por Sir John Barrow en 1846 mostra un completo espazo en branco nestas dúas terras ao norte de "Banks Land", que é a costa norte da Illa de Banks.[6] En 1851 John Rae trazou toda a costa sur e conectou as dúas "lands".[7] En 1850 e 1851 Robert McClure circunnavegó a maior parte da Illa de Banks, separándoa así do resto da illa Vitoria. Os seus homes tamén trazaron as costas do noroeste e do oeste da illa Vitoria.[8] Un dos homes de Roald Amundsen, Godfred Hansen, trazou a súa costa leste ata o cabo Nansen en 1905,[9] E en 1916 e 1917 Storker T. Storkerson, da Canadian Arctic Expedition de Vilhjalmur Stefansson, realizou unha cartografía da súa costa nordés, descubrindo a Península de Storkerson.[10]
No Censo do Canadá de 2006 a poboación da illa era de 1.875 habitantes, 1.477 en Nunavut e 398 nos Territorios do Noroeste. Dos dous asentamentos na illa, o máis grande é Cambridge Baymap19, que se atopa na costa sueste e está en Nunavut. Ulukhaktok map20 está na costa oeste e atópase nos Territorios do Noroeste. Postos comerciais, como Fort Collinson na costa noroeste, fai moito tempo que foron abandonados. A densidade da Illa é de 0,0086 habitantes por quilómetro cadrado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.