From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Grosa (en castelán Isla Grosa) é unha illa española, na Rexión de Murcia, do concello de San Javier. É a única illa da contorna do Mar Menor que se atopa fóra del, é dicir, en mar aberto, a levante de La Manga. Trátase dun cono volcánico moi escarpado que supera os 90 metros de altitude, a unha distancia de 2,5 quilómetros do norte da Manga e cunha extensión de 16,5 hectáreas.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Rexión de Murcia, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Altitude | 90 m | |||
Superficie | 0,17 km² | |||
Foi refuxio de piratas berberiscos ata o século XVIII, e anteriormente un enclave fenicio. A súa riqueza botánica e ornitolóxica aniñan os paíños, os corvos mariños, o falcón peregrino etc. Posúe un embarcadoiro e as únicas construcións que posúe estaban asociadas a actividades militares; a illa foi zona militar ata o ano 2000, en que foi cedida á Comunidade de Murcia para actividades relacionadas co medio ambiente (ata entón era o lugar de adestramento das unidades especiais de mergulladores de combate e de desactivación de explosivos do Centro de Mergullo da Armada).
A existencia dunha pena, denominada "o baixo da campá", ao leste do Farallón, a moi poucos metros da superficie, constituíu durante séculos un perigo para a navegación, e fixo naufragar numerosos pecios de orixe fenicia e romana.
O achado arqueolóxico máis importante é o dun barco fenicio do século V a. C. que se afundiu cunha carga constituída por lingotes de mineral de estaño e chumbo, manufacturas púnicas e un conxunto de queiros de elefante africano (Loxodonta africana) con inscricións fenicias. Todo o cargamento deste barco, como o do resto dos barcos descubertos baixo as augas de Illa Grosa, expóñense actualmente no Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática de Cartagena.[1]
A illa está protexida dentro do espazo denominado Illas e Illotes do Litoral Mediterráneo da Rexión de Murcia coa categoría de Parque natural e ZEPA.
A asociación ecoloxista ANSE, xunto coa Conserjería de Medio Ambiente de Murcia, participaron no proxecto LIFE Conservación de Larus Audouinii en España. Isla Grosa (Murcia) (2004-2007)[2] co obxectivo de reforzar a poboación de Gaivota de Audouin (Larus audouinii) na illa e garantir a súa conservación. Nesta illa vive a terceira colonia máis grande do mundo desta gaivota, catalogada como globalmente ameazada (SPEC1) polo Species of European Conservation Concern, e é, polo tanto, de conservación prioritaria en Europa.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.