Gaivota de Audouin

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gaivota de Audouin

A gaivota de Audouin[2][3] (Ichthyaetus audouinii) é unha ave pertencente á familia Laridae.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Gaivota de Audouin
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Ichthyaetus
Especie: I. audouini
Nome binomial
Ichthyaetus audouinii
(Payraudeau, 1826, Sardeña e Córsega)
Sinonimia

Larus audouinii

Pechar
Ichthyaetus audouinii

Características

É unha gaivota de tamaño medio cunha lonxitude que chega ata os 52 cm e unha envergadura máxima de 128 cm. O corpo é branco exceptuando as ás agrisadas e a cola negra con pintas brancas. O peteiro é vermello escuro cunha liña negra vertical. As patas son grises con certos matices verdes.

Distribución

É unha gaivota que vive estritamente no litoral, frecuentemente en colonias. Non é unha especie moi frecuente, concentrándose os seus efectivos nas illas do Mediterráneo e puntos concretos da costa. Salientar a importante poboación do Delta do Ebro. Tamén é importante a poboación da Comunidade Valenciana, que acolle case 7.000 parellas[4]. Estas repártense fundamentalmente polo porto de Castelló, Lagoas de Torrevieja, porto de Valencia e Illas Columbretes[4]. En Galicia trátase dunha especie excepcional, sendo as observacións históricas estritamente limitadas ó verán e a individuos illados[5]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.