From Wikipedia, the free encyclopedia
Il trovatore (en galego O trobador) é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseada na obra de teatro El trovador (1836) de Antonio García Gutiérrez. Foi estreada no Teatro Apollo de Roma, o 19 de xaneiro de 1853.[4] Forma parte, xunto con Rigoletto e La traviata, da chamada "triloxía verdiana", formada polas óperas máis populares de Verdi escritas de xeito consecutivo.
Cartel de 1885 no Covent Garden. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 4 actos (indicados como "partes") |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | S. Cammarano, rematado por Leone Emanuele Bardare |
Fontes literarias | Baseado na obra de Antonio García Gutiérrez, El Trovador (1836) |
Estrea | 19 de xaneiro de 1853 |
Teatro da estrea | Teatro Apollo |
Lugar da estrea | Roma |
Duración | 2 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
coro | Participación destacable[2] |
Personaxes | |
Cammarano morreu a mediados de 1852 antes de rematar o libreto, feito que dou ao compositor a oportunidade de propor revisións significativas, que baixo a súa dirección realizou o xove libretista Leone Emanuele Bardare,[5] e se ven en gran medida na ampliación do papel de Leonora.
A trama -intricada e novelesca- desenvólvese entre Biscaia e Aragón, no marco da revolta de Jaume d'Urgel a principios do século XV contra Fernando de Antequera, a raíz do resultado do Compromiso de Casp, ao que se chegou logo da morte sen fillos de Martiño o Humano.[6]
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 19 de xaneiro de 1853[7] (Director: – ) |
Versión revisada en francés (Le trouvère), 12 de xaneiro de 1857[8] (Director: – ) |
---|---|---|---|
Conde de Luna, un nobre ao servizo do príncipe de Aragón | barítono | Giovanni Guicciardi | Marc Bonnehée |
Manrico, un trobador e oficial no exército do príncipe de Urgell | tenor | Carlo Baucardé | Louis Guéymard |
Azucena, unha xitana, supostamente nai de Manrico | mezzosoprano | Emilia Goggi | Adelaide Borghi-Mamo |
Leonora, dama nobre, namorada de Manrico e cortexada por De Luna | soprano | Rosina Penco | Pauline Guéymard-Lauters |
Ferrando, oficial de Luna | baixo | Arcangelo Balderi | Prosper Dérivis |
Ines, confidente de Leonora | soprano | Francesca Quadri | Mme Dameron |
Ruiz, secuaz de Manrico | tenor | Giuseppe Bazzoli | Sapin |
Un vello xitano | baixo | Raffaele Marconi | |
Un mensaxeiro | tenor | Luigi Fani | |
Amigos de Leonora, monxas, lacaios do conde, guerreiros, xitanos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.