Il barbiere di Siviglia
ópera de Gioachino Rossini / From Wikipedia, the free encyclopedia
Il barbiere di Siviglia (en galego O barbeiro de Sevilla) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare Sterbini, baseado á súa vez na comedia de Pierre-Augustin de Beaumarchais Le Barbier de Séville (1775). A estrea co título Almaviva, ossia l'inutile precauzione tivo lugar no Teatro Argentina de Roma o 20 de febreiro de 1816 baixo a dirección do propio compositor. Foi unha das primeiras óperas italianas que se representou nos EUA, estreándose alí no Park Theater de Nova York o 29 de novembro de 1825.[2] Il barbiere de Rossini demostrou ser unha das grandes obras mestras da comedia dentro da música, e foi descrita como a ópera buffa de tódalas óperas buffas. Mesmo logo de douscentos anos, a súa popularidade na escena da ópera moderna testemuña a súa grandeza.[3]
Cartel da estrea. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Cesare Sterbini |
Fontes literarias | baseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, Le Barbier de Séville ou la Précaution inutile (1775) e o libreto de Giuseppe Petrosellini para a ópera de Giovanni de 1782.[1] |
Estrea | 20 de febreiro de 1816 |
Teatro da estrea | Teatro Argentina |
Lugar da estrea | Roma |
Duración | 2 horas 45 minutos |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Personaxes | |
Figaro (barítono) |