personaxe de Astérix From Wikipedia, the free encyclopedia
Ideafix[1] (en francés: Idéfix) é un personaxe da serie de banda deseñada Astérix, creado por René Goscinny e Albert Uderzo. É o can pequeno e branco de Obélix (o mellor amigo de Astérix), a quen sempre acompaña e axuda. Aparece por vez primeira na aventura A volta á Galia de Astérix en 1963.[2]
Ideafix | |
---|---|
Información editorial | |
Primeira aparición | A volta á Galia de Astérix (1963) |
Creadores | René Goscinny, Albert Uderzo |
Biografía ficticia | |
Orixe | Armórica, Galia |
Segundo Nicolas Rouvière, trátase dun schnauzer anano[2] e ademais é o único personaxe principal da serie que é un animal. É coñecido polo seu carácter ecoloxista, ao chorar desesperadamente ao ver como se derruba unha árbore, é por esta causa que o seu amo Obélix deixou de tirarlles árbores aos romanos.
O seu nome é a contracción de idea fixa, polo que en inglés é coñecido polo nome de Dogmatix, xa que mantén o concepto de idea fixa (dogma) e ademais inclúe a alusión ao can (dog). Reflicte a obsesión que o can ten polos ósos, obsesión que é motivo de moitas situacións cómicas nas historias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.