From Wikipedia, the free encyclopedia
A norma ISO 3103 é un estándar publicado pola ISO que presenta un método estandarizado para prepara-lo té. Esta norma remontase ao ano 1980 e foi producida polo Comité Técnico ISO 34 (Alimentos), Sub-Comité 8 (Té).
O método consiste en extrae-las substancias solubles das follas do té secas. As follas métense nun recipiente de porcelana ou cerámica e móllanse con auga pura en ebulición, o licor así obtido sérvese nun tazón de porcelana branca ou cerámica, permitindo examinar as propiedades organolépticas da folla na infusión, que pode conter ademais leite.
O obxectivo desta norma é definir un procedemento de preparación do té que permita realizar comparacións sensoriais entre distintos tés. Un exemplo deste tipo de ensaio é unha proba de sabor para establecer que mesturas de té dunha marca en particular deben ser empregadas para manter unha bebida de sabor uniforme e homoxéneo entre unha colleita e a seguiente.
Para asegurar resultados consistentes, a norma establece os seguintes pasos e requirimentos:
No 2003, a Royal Society of Chemistry publicou unha nota informativa titulada "Como preparar unha perfecta taza de té."[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.