Hypsipetes amaurotis
From Wikipedia, the free encyclopedia
A especie Hypsipetes amaurotis é unha ave asiática paseriforme de mediano tamaño da familia dos picnonótidos (chamados ás veces bulbul), que se encontra no oriente distante de Rusia (incluíndo Karafuto (ou Sakhalin)), noroeste da China, a península de Corea, e o Xapón, sur de Taiwán e nas cadeas de illas Babuyán e Batanes no norte de Filipinas, vista ocasionalmente tamén na illa filipina de Luzón. É unha especie extremadamente común na parte norte da súa área de distribución e é unha ave corrente no Xapón, onde se lle chama hiyodori (ヒヨドリ), e Corea, onde se denomina jikbakguri (직박구리). Ao contrario, en Taiwán, é rara e está limitada á Illa Orquídea .
Hypsipetes amaurotis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Hypsipetes amaurotis' (Temminck, 1830) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Microscelis amaurotis
[2] Especies: |
A súa lonxitude é duns 28 cm, ten cor marrón cincenta, con cara marrón (que lle dá o aspecto de ter orellas marróns) e unha longa cola. Aínda que prefire zonas boscosas, adáptase rapidamente a ambientes urbanos ou rurais, e os seus chíos ruidosos e estridentes son familiares en moitas áreas do Xapón.
Historicamente, esta especie era unha ave migratoria que se movía á parte sur da súa área de distribución en inverno, pero nas últimas décadas moitas poboacións están aproveitándose dos cambios nas prácticas agrícolas e nas colleitas para invernar en áreas máis ao norte do que adoitaban. Como resultado, hoxe son consideradas unha praga agrícola en certas zonas do Xapón. Non obstante, a maioría dos individuos seguen movéndose ao sur en inverno, xeralmente formando enormes bandadas durante a migración. En verán, aliméntanse principalmente de insectos, pero en inverno e outono comen maiormente froita e sementes.