From Wikipedia, the free encyclopedia
Coenraad Jacob Temminck, nado o 31 de marzo de 1778 en Ámsterdam e finado o 30 de xaneiro de 1858 en Lisse (Holanda Meridional), foi un aristócrata, naturalista, botánico e zoólogo neerlandés.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1778 Ámsterdam, Países Baixos |
Morte | 30 de xaneiro de 1858 (79 anos) Lisse, Países Baixos (pt) |
Lugar de sepultura | Begraafplaats Groenesteeg (en) |
Director de museo Rijksmuseum van Natuurlijke Historie (en) | |
1820 – 1858 | |
Datos persoais | |
Residencia | Países Baixos |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Lugar de traballo | Leiden (1820–1858) Ámsterdam (1794–1820) |
Ocupación | biólogo, botánico, zoólogo, ornitólogo, escritor |
Empregador | Museu de História Natural de Leiden (pt) |
Membro de | |
Interesado en | Zooloxía |
Alumnos | Hermann Schlegel |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Temminck |
Abreviatura do autor en zooloxía | Temminck |
Arquivos en | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica Ninth Edition (en) |
Temminck foi o primeiro director do Museo Nacional de Historia Natural de Leiden, desde 1820 até a súa morte.
O seu Manuel d'ornithologie, ou Tableau systematique des oiseaux qui se trouvent en Europe (1815) foi o libro de referencia sobre aves europeas durante moitos anos. Herdara unha gran colección de aves de seu pai, que fora tesoureiro da Compañía Holandesa das Indias Orientais.
Temminck tamén foi autor de Histoire naturelle générale des Pigeons et des Gallinacées (1813-1817), Nouveau Recueil de Planches coloriées d'Oiseaux (1820-1839), e contribuíu ás seccións de mamíferos da obra de Philipp Franz von Siebold Fauna japonica (1844-1850).
Varias especies de aves e mamíferos levan o nome Temminck, como o pilro de Temminck (Calidris temminckii) ou o pangolín de Temminck (Manis temminckii).
A abreviatura Temminck emprégase para indicar a Coenraad Jacob Temminck como autoridade na descripión e taxonomía tanto en botánica como en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coenraad Jacob Temminck |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.