From Wikipedia, the free encyclopedia
Hydra ou Hidra femia[1] é a meirande das 88 constelacións modernas, e foi unha das 48 constelacións que Tolomeo catalogou. Non debe ser confundida con Hydrus.
Hydra | |
---|---|
Nome latino | Hydra |
Abreviatura | Hya |
Xenitivo | Hydrae |
Simboloxía | A Hydra |
Ascensión recta | 8-15h h |
Declinación | −20° |
Área | 1303 graos cadrados
Rango 1º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
Estrela máis brillante | Alfard (α Hya)
(magnitude ap. 1.98) |
Choiva de meteoros |
Alpha Hydridas |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +54° e −83°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril | |
Hidra é a constelación moderna máis grande, cunha área de 1303 graos cadrados. A pesar da súa extensión, en Hidra hai só unha estrela bastante brillante, Alfard (α Hya, 30 Hya), de magnitude aparente 1,98.
R Hydrae é unha estrela variable Mira, que cambia dende magnitude 3.5 (neses momentos é visible a simple vista) ata 10.9, cando acada esta magnitude só pode ser observada cun telescopio.
Hai varias estrelas dobres interesantes en Hydra. Epsilon Hydrae (ε Hya) é unha estrela binaria con compoñentes de magnitudes 3.3 e 6.8, separadas por 2.7 segundos de arco. N Hydrae (N Hya) é unha parella de estrelas con magnitudes 5.8 e 5.9. Struve 1270 (Σ1270) é outra estrela dobre con magnitudes 6.4 e 7.4.
Nesta constelación tamén está a fonte de radio Hydra A.
A constelación Hydra aparece coma unha serpe retorcéndose, e así aparece nalgúns mitos gregos. Na mitoloxía grega, Apolo ten coma servente a un corvo. Envíao a buscar auga, pero este descansa na viaxe para pillar uns figos dunha figueira e, cando finalmente recolle a auga nunha crátera (vasilla ou cunca), trae tamén unha serpe de auga, coma escusa pola súa tardanza. Segundo o mito, Apolo dáse de conta do engano e enfadado, lanza ó corvo, a crátera e a serpe ó ceo. A orixe da lenda podería vir da proximidade desta constelación coas de Crater, e Corvus.
A Hydra foi tamén asociada ó mito da Hidra de Lerna (vencida por Heracles nunha das doce tarefas de Heracles). A súa posición no ceo (baixo a eclíptica) e xunto á constelación Cáncer (preto da súa cabeza) pode se-la orixe de parte do mito.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.