xadrecista india From Wikipedia, the free encyclopedia
Koneru Humpy ou Humpy Koneru[1] nada en Vijayawada, Andhra Pradesh, o 31 de marzo de 1987, é unha xadrecista india.[2] En 2002 converteuse na oitava muller en conseguir o título de Gran Mestra Feminina e a máis nova (15 anos, 1 mes e 27 días), co que superou o récord previo de Judit Polgár por tres meses. A chinesa Hou Yifan superou esa marca en 2008.[3] En outubro de 2007 Humpy converteuse na segunda muller, após Polgár, en superar a barreira de 2600 puntos Elo, con 2606 puntos.[4]
Nome orixinal | (te) కోనేరు హంపి |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de marzo de 1987 (37 anos) Vijayawada, India (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista |
Nacionalidade deportiva | India |
Deporte | xadrez |
Título de xadrecista | Mestra Internacional Femenina (1998) Gran Mestra Feminina (2001) Grande Mestre de Xadrez (pt) (2002) |
Puntos ELO (màx.) | 2.623 (2009)< |
Identificador FIDE | 5008123 |
Participou en | |
2018 | Women's Chess Olympiad 2018 (en) |
2006 | Women's Chess Olympiad 2006 (en) |
2006 | Jogos Asiáticos de 2006 (pt) |
2004 | Women's Chess Olympiad 2004 (en) |
Familia | |
Pai | Koneru Ashok |
Premios | |
|
Humpy gañou tres medallas de ouro no Mundial Xuvenil de Xadrez: en 1997 (sub-10 feminino), 1998 (sub-12 feminino) e 2000 (sub-14 feminino). No Campionato Asiático Xuvenil de Xadrez de 1999 en Ahmedabad gañou na categoría sub-12, competindo cos mozos.[5] En 2001 gañou o Mundial Júnior Feminino. Na edición do ano seguinte en Goa empatou con Zhao Xue no primeiro lugar, mais ficou segunda tralo desempate.[6] Humpy competiu cos mozos no Mundial Júnior de 2004 en Kochi, o cal gañou Pentala Harikrishna. Empatou no quinto posto, mais acabou décima tralo reconto cunha puntuación de 8,5/13 puntos.[7]
Humpy gañou o Campionato Femenino Británico en 2000 e en 2002. En 2003 gañou o 10º Campionato Individual Feminino de Asia e o Campionato Feminino da India.[8] En 2005 gañou a Copa Urais Norte, un torneo feminino celebrado en Krasnoturiinsk (Rusia) que conta coas dez mellores xadrecistas a nivel mundial do momento.[9]
En 2004 participou por primeira vez no Mundial Feminino. Desde entón, competiu en todas as edicións co formato de knockout ou de eliminación directa. Humpy chegou ás semifinais en 2004, 2008 e 2010.
En 2009 empatou no 1º posto con Alexander Areshchenko, Magesh Panchanathan e Evgenii Miroshnichenko na Mayor Cup de Mumbai.[10] Finalmente, foi Areshchenko quen se fixo co triunfo.
En 2009 Humpy acusou a All India Chess Federation de prohibirlle participar na 37ª Olimpíada de Xadrez en Turín. Previamente denunciara acoso psicolóxico por parte do secretario da entidade.[11][12] O seu pai e adestrador, Humpy Ashok, non foi autorizado para viaxar con ela aos torneos.
Humpy obtivo o segundo lugar no Grand Prix Feminino de 2010, polo que puido clasificarse para o Mundial Feminino de Xadrez de 2011 en Doha.[13][14] Hou Yifan gañou o encontro, ao gañar tres xogos e facer cinco táboas. Humpy foi subcampioa nas series de Grand Prix Feminino tamén en 2011–2012, 2013–2014, 2015–2016 e 2019–2021.
Gañou o bronce individual no Mundial Feminino por equipos de 2015 en Chengdu. O equipo indio quedou cuarto na competición, a só un punto do chinés, que gañou a medalla de bronce.[15]
En 2019 converteuse en campioa mundial feminina de xadrez rápido despois de dous anos sabáticos debido á súa maternidade.[16]
Representou á India nas Olimpíadas de Xadrez de 2022 en Mahabalipuram.
Os seus pais, Koneru Ashok e Latha Ashok, chamárona nun principio «Hampi», nome derivado de champion («campioa»). O pai mudou máis adiante a ortografía a Humpy, para que tivese unha sonoridade máis próxima ao ruso.[3][17]
En agosto de 2014 casou con Dasari Anvesh.[18] Na actualidade traballa en ONGC Ltd., a empresa pública india de petróleo e gas natural.[19]
Deu a luz unha nena, Ahana, en 2017.[20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.