From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia dos xudeus en Inglaterra remóntase ao reinado de Guillerme o Conquistador. O primeiro rexistro escrito sobre un asentamento xudeu na historia de Inglaterra data de 1070. Os asentamentos continuaron ata que o rei Eduardo I de Inglaterra emitiu o Edicto de Expulsión en 1290.
Trala expulsión non quedaron comunidades xudías máis aló daqueles o practicaban en segredo, ata o goberno de Oliver Cromwell. Mentres que Cromwell nunca readmitiu formalmente aos xudeus na Mancomunidade de Inglaterra, unha pequena comunidade de xudeus sefardís foron identificados en Londres e recibiron permiso para quedar alí.
O acta de naturalización xudía de 1753, supuxo un intento de legalizar a presenza en Inglaterra[lower-alpha 1] que durou tan só uns poucos meses. Os historiadores sitúan a data da emancipación xudía entre 1829 ou 1858, cando Benjamin Disraeli, nado xudeu pero converso ao anglicanismo, foi elixido no Parlamento en 1837. Por insistencia do líder irlandés Daniel O'Connell, a lei de 1846 coñecida como "De Judaismo", que prescribía a vestimenta dos xudeus, quedou abolida.[1] Debido a ausencia de violencia antisemita en Gran Bretaña durante o século XIX, o país adquiriu fama da súa tolerancia relixiosa e atraeu un número significativo de inmigrantes de toda Europa. Entre as décadas de 1930 e 1940, algúns xudeus europeos escolleron Inglaterra para fuxir dos nazis do Terceiro Reich.
Os xudeus tiveron que afrontar os estereotipos e antisemitismo en Gran Bretaña, moitas veces "acompañado da xermanofobia", o que levou a moitas familias a anglicizar os seus apelidos para evitar que pareceran demasiado alemáns.[lower-alpha 2] [2]
Na actualidade hai case 300 000 xudeus británicos, e Inglaterra contén a segunda maior poboación xudía de Europa e a quinta a nivel mundial.[3]
Non hai evidencias de xudeus residentes en Inglaterra antes da conquista normanda. As poucas referencias nas leis da igrexa anglosaxoa son relativas ás prácticas xudías sobre a Pascua. William of Malmesbury afirmou que Guillerme o Conquistador trouxo con el xudeus de Rouen ata Inglaterra. O obxectivo do rei pode deducirse: a súa política de recadar as débedas feudais precisaba dun grupo de homes repartidos polo país que fosen capaces de proporcionar grandes sumas de cartos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.