Guillerme I de Inglaterra

primeiro rei normando de Inglaterra, entre 1066 e 1087 From Wikipedia, the free encyclopedia

Guillerme I de Inglaterra

Guillerme I de Inglaterra, nado en 1027 e finado o 9 de setembro de 1087, foi o primeiro rei normando de Inglaterra, tras a morte de Haroldo II de Inglaterra na batalla de Hastings. Tamén foi chamado Guillerme o Conquistador e Guillerme de Normandía, e mesmo Guillerme o Bastardo, por ser fillo ilexítimo do seu pai, Roberto o Magnífico, duque de Normandía.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Guillerme I de Inglaterra

Nome orixinal(en) William I the Conqueror
(ang) Wilhelm se Gehīersumiend
(fr) Guillaume le Conquérant
(nrm) Gllâome lé Counqùéreus
Biografía
Nacemento(fr) Guillaume
1027 ↔ 1028
Falaise (Ducado de Normandía)
Morte9 de setembro de 1087 (58/59 anos)
Ruán (Ducado de Normandía)
Lugar de sepulturaabadía de Saint-Étienne, Caen
Monarca de Inglaterra
25 de decembro de 1066 – 9 de setembro de 1087
 Haroldo II de InglaterraGuillerme II de Inglaterra 
Duque de Normandía
3 de xullo de 1035 – 9 de setembro de 1087
 Roberto I de NormandíaRoberto II de Normandía 
Actividade
Ocupaciónmilitar, monarca
Carreira militar
ConflitoBatalha de Val-ès-Dunes (pt)
Conquista normanda de Inglaterra
Outro
TítuloMonarca de Inglaterra (1066–1087)
Duque de Normandía (1035–1087)
FamiliaCasa de Normandía
CónxuxeMatilde de Flandres (1053–)
FillosCostanza de Normandía, Alberta, Cecilia de Normandía, Matilde de Normandía, Ágata de Normandía, Henrique I de Inglaterra, Roberto II de Normandía, Adeliza, Ricardo de Normandía, Guillerme II de Inglaterra, Adela de Normandía
PaisRoberto I de Normandía   e Arlette de Falaise
IrmánsOdo de Bayeux, conde de Kent
Roberto, conde de Mortain
Adelaida de Normandía
ParentesEduardo o Confesor, tío
Odo, conde de Champaña, cuñado

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih,
WikiTree: Normandie-32
Pechar
Guillerme I de Inglaterra

Traxectoria

Guillerme naceu no 1027 e accedeu ao ducado de Normandía á idade de sete anos. Aos 15 foi nomeado cabaleiro por Henrique I de Francia, e aos 19 xa facía fronte a rebelións internas no ducado. Tras a morte do seu tío, Eduardo o Confesor, rei de Inglaterra, Guillerme reclamou o trono, que dicía lle deixara en herdo o seu tío, argumentando ademais que Harold Godwinson, o maior terratenente de Inglaterra, o recoñecera como rei. Pero Harold converteuse en Harold II de Inglaterra, e Guillerme reclamou os seus dereitos mediante a guerra, tras recibir a aprobación do papa.

A batalla definitiva da Conquista Normanda de Inglaterra foi a de Hastings, onde Harold II morreu, atravesado o seu ollo por unha frecha. Os restantes nobres saxóns non tardaron en renderse ao poder normando, e Guillerme foi proclamado rei.

Durante o seu reinado, Guillerme fixo grandes cambios que permanecerían durante séculos. Baixo o seu mandato compilouse o primeiro catastro da historia, chamado Domesday Book. Guillerme tamén reformou a lei, mesturando as leis anglosaxoas coas normandas. Por último, impuxo o francés normando como lingua das clases altas durante tres séculos, ata que se mesturase a gramática e vocabulario básico inglés cunha enorme cantidade de léxico de orixe latina do francés normando ata crear a base do inglés moderno.

Predecesor:
Roberto I de Normandía
Duque de Normandía
10351087
Sucesor:
Roberto II de Normandía
Predecesor:
Harold II de Inglaterra
Rei de Inglaterra
10661087
Sucesor:
Guillerme II de Inglaterra
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.