From Wikipedia, the free encyclopedia
Un hidroperóxido ou peroxol é un composto que contén o grupo funcional hidroperóxido (ROOH). Se R é orgánico, o composto denomínase hidroperóxido orgánico, que é un tipo de peróxido orgánico, o cal ten a fórmula xeral ROOR. Os hidroperóxidos orgánicos poden de forma intencionada ou non iniciar unha polimerización explosiva en materiais con enlaces químicos insaturados.[1]
A lonxitude de enlace O−O no peróxidos é duns 1,45 Å e os ángulos R−O−O (R = H, C) son duns 110°. Os ángulos diedros nos enlaces C−O−O−H son duns 120°. O enlace O−O é relativamente débil, cunha enerxía de disociación de enlace de 45–50 kcal/mol, que é de menos da metade da forza dos enlaces C−C, C−H e C−O.[2][3]
Os hidroperóxidos poden ser reducidos a alcohois con hidruro de litio aluminio, como se describe na seguinte ecuación idealizada:
Esta reacción é na que están baseados os métodos de análise de peróxidos orgánicos.[4] Outro xeito de avaliar o contido de perácidos e peróxidos é a titulación volumétrica con alcóxidos como o etóxido de sodio.[5] Os ésteres de fosfito e fosfinas terciarias tamén realizan a redución:
Os hidroperóxidos son intermediarios na produción de moitos compostos orgánicos na industria. Por exemplo, na oxidación catalizada polo cobalto de ciclohexano a ciclohexanona:[6]
A acetona e fenol prodúcense polo denominado proceso do cumeno, que se produce a partir do hidroperóxido de cumeno.
Moitos epóxidos prepáranse usando hidroperóxidos como reactivos, como o proceso Halcon para a produción de óxido de propileno. A epoxidación de Sharpless é unha reacción relacionada realizada a escala de laboratorio. O ter-butil hidroperóxido (TBHP) é un oxidante soluble en solventes orgánicos empregado nestas operacións.[7]
Os aceies secantes, como os que se encontran en moitas pinturas e vernices, funcionan por medio da formación de hidroperóxidos.
Os hidroperóxidos xogan un importante papel en bioloxía. Coñécense centos de hidroperóxidos, que derivan de ácidos graxos, esteroides, e terpenos. A biosíntese destas especies é efectuada en gran medida por enzimas.
Os compostos con enlaces C-H alílicos e bencílicos son especialmente susceptibles á oxixenación.[9] Esta reactividade aprovéitase industrialmente a moi grande escala para a produción de fenol polo proceso do cumeno ou proceso de Hock cos intermediarios cumeno e hidroperóxido de cumeno.[10] Ditas reaccións dependen de iniciadores de radicais quet reaccionan co oxíxeno para formar un intermediario que abstrae un átomo de hidróxeno dun enlace C-H débil. O radical resultante únese ao O2 para dar un hidroperoxil (ROO.), que despois continúa o ciclo de abstracción do átomo de H.[11]
A reacción de autooxidación obsérvase con éteres comúns, como o dietil éter, diisopropil éter, tetrahidrofurano ou 1,4-dioxano. Un produto ilustrativo é o dietil éter peróxido. Dito composto pode orixinar unha forte explosión. O solvente común tetrahidrofurano (THF) exemplifica esta tendencia a formar hidroperóxidos altamente explosivos almacenados ao aire.[11]
Para minimizar este problema as mostras comerciais de THF adoitan estar inhibidas con hidroxitolueno butilado (BHT). A destilación de THF ata quedar seco evítase porque os peróxidos explosivos se concentran no residuo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.