xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Hepatica [1] é un xénero de plantas herbáceas perennes anxiospermas da familia das ranunculáceas, nativa do centro e norte de Europa, Asia e leste de Norteamérica. Algúns botánicos inclúen Hepatica dentro do xénero Anemone interpretado sensu lato.[2][3]
Hepatica | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hepatica nobilis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Ver texto |
A palabra hepatica deriva do latín hepaticus (do grego hepar, 'fígado'), debido á folla con tres lobos desta planta que lembra ao fígado humano.[4]
Ten flores hermafroditas rosas, púrpuras, azuis ou brancas e con tres brácteas verdes que aparecen soas nos talos pelosos desde o final do inverno á primavera. Os polinizadores desta planta son bolboretas, avelaíñas, abellas, moscas e escaravellos.
As follas son basais, duras, e xeralmente con tres lobos, e permanecen na planta durante o inverno.
O cultivo ornamental de Hepatica foi popular no Xapón desde o século XVIII (período Edo medio), onde se desenvolveron variedades con flores con pétalos dobres e diversos patróns de cores.[5]
A planta ten unha gran tolerancia aos solos alcalinos derivados de rochas calcarias, e pode crecer nunha ampla variedade de condicións; pode encontrarse en bosques caducos e moi sombreados (especialmente de faias) e matogueiras ou praderías a pleno sol. As Hepatica tamén crecen en substratos areosos ou ricos en arxila, e está asociada ás calcarias. O solo húmido e as nevaradas invernais son un dos seus requirimentos; as Hepatica son tolerantes a estar cubertas pola neve en inverno, pero agunatan peor a xeada seca.
Faise por sementes ou por división (fragmentación) das vigorosas matas en primavera. Porén, os brotes tardan varios anos en chegar ao tamaño necesario para a floración, e as plantas divididas tardan en engrosar.
Antes era usada conmo herba medicinal. Debido á antiga teoría das sinaturas, que dicía que as partes que pola súa forma lembran unha parte do corpo poden utilizarse para tratar as doenzas desa parte do corpo, antes pensábase que a planta era efectiva no tratamento dos trastornos hepáticos. Aínda que é velenosa en altas doses, as follas e flores poden utilizarse como adstrinxente e demulcente para feridas que tardan en curar e como diurético.[2]
Recoñécense entre unha e tres especies de Hepatica, e algúns dos taxons son ás veces tratados como variedades:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.