Zoólogo e anatomista francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Henri Marie Ducrotay de Blainville, nado o 12 de setembro de 1777 en Arques-la-Bataille (Sena Marítimo) e finado o 1 de maio de 1850 en París, foi un naturalista, zoólogo e anatomista francés.
Henri Marie Ducrotay de Blainville, coñecido na literatura científica como Blainville, ou de Blainville, naceu en Arques-la-Bataille (Sena Marítimo), preto de Dieppe.
Ao redor de 1796 foi a París para estudar pintura, pero ao final dedicouse á historia natural, atraendo a atención de Georges Cuvier, para quen deu conferencias ocasionalmente no Colexio de Francia e no Ateneo.
En 1812 foi axudado por Cuvier para obter a cátedra de anatomía e zooloxía na Facultade de Ciencias en París, pero co tempo, e estrañamente, creceu entre os dous unha aberta inimizade. Neste mesmo ano, o seu editor creou o termo "paléontologie" para designar a ciencia nacente da paleontoloxía fundada polo seu mestre Georges Cuvier.
Foi Blainville quen, en 1816, elevou ao rango de clases independentes aos réptiles e aos anfibios.
En 1825 Blainville foi admitido como membro da Academia Francesa de Ciencias, e en 1830 foi designado para suceder a Jean-Baptiste Lamarck na cátedra de Historia Natural do Museo. Dous anos despois, ao morrer Cuvier, obtivo a de anatomía comparada, a cal ocupou durante 18 anos, probando que era un digno sucesor do gran mestre. Foi admitido como membro estranxeiro da Royal Society en 1832.
Débese a Blainville a clasificación moderna da clase dos mamíferos dividida en tres subclases: monotremas, marsupiais e placentarios (que el denominou, respectivamente, ornithodelphes (ornitodelfos), didelphes (didelfos) e monodelphes (monodelfos).
O 1 de maio de 1850 encontrárono morto nun vagón de ferrocarril na gare Saint-Lazare (estación de Saint Lazare), que tomara para viaxar a Caen. Pierre Flourens (1794-1867) pronunciou o seu Eloxio na Académie des sciences en 1854. Está inhumado no Cemiterio do Père-Lachaise.[1]
Blainville enfrontose á teoría das catro "ramas" animais de Cuvier, recuperando a idea da Scala naturae de Lamarck, aínda que sen compartir as opinións transformistas deste.
En sistemática, Blainville estableceu unha clasificación dos animais en catro grandes grupos definidos en función da súa simetría.[2]
Ademais de moitas pequenas memorias, escribiu, entre outras, as segunites obras:
En botánica, a abreviatura Blainv. emprégase para indicar a Henri Marie Ducrotay de Blainville como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
En zooloxía, as abreviaturas Blainville e de Blainville, emprégase para indicar a Henri Marie Ducrotay de Blainville como autoridade na descrición e clasificación científica dos animais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.