![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ab/Shane_Young_post_fight_interview_at_UFC_234.jpg/640px-Shane_Young_post_fight_interview_at_UFC_234.jpg&w=640&q=50)
Hematoma
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un hematoma[1] é unha tumoración orixinada por unha acumulación localizada de sangue, xeralmente callado, nos tecidos, causada pola rotura da parede dun vaso sanguíneo; é unha hemorraxia localizada fóra dos vasos, debido a enfermidade ou trauma, incluíndo lesións ou cirurxía[2] e pode implicar que o sangue continúe a filtrarse dos capilares rotos.
Hematoma | |
---|---|
![]() O loitador de artes marciais mixtas Shane Young con hematoma producido nun combate. | |
Especialidade | Hematoloxía |
Síntomas | Dor, pigmentación pola hemoglobina (negrón ou mazadura) |
Complicacións | Redución de mobilidade. Algúns poden requirir intervencións cirúrxicas. |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Un hematoma é benigno e inicialmente está en forma líquida espallado entre os tecidos, incluíndo sacos entre tecidos onde pode coagularse e solidificarse antes de que o sangue sexa reabsorbido nos vasos sanguíneos. Unha equimose é un hematoma da pel maior de 10 mm.[3] Poden ocorrer entre e ou dentro de moitas áreas, como a pel e outros órganos, os tecidos conxuntivos, os ósos, as articulacións e os músculos.
Unha hemorraxia pode verse agravada por medicamentos anticoagulantes. Se a heparina for administra por vía intramuscular, pódense producir filtracións e recollida de sangue; para evitar isto, a heparina debe administrarse por vía intravenosa ou subcutánea.