From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha contusión é un tipo de lesión física non penetrante sobre un corpo humano ou animal causada pola acción de obxectos duros, de superficie obtusa ou roma, que actúan sobre o organismo por intermedio dunha forza máis ou menos considerable.[1] Os efectos dun golpe contuso varían segundo a forza e enerxía aplicada sobre o organismo dando lugar a unha lesión superficial, como unha equimose, ou lesións sobre órganos e vísceras que poden comprometer a vida do suxeito, como unha fractura.
Contusión | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Contusión na coxa dunha perna. | |
ICD-10 | S00-S90, T14.0 |
ICD-9 | 920-924 |
DiseasesDB | 31998 |
MedlinePlus | 007213 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Os signos clásicos dunha contusión son a dor, o aumento de capacidade leve ou moderada no lugar do golpe e, ocasionalmente, edema leve.[2] A contusión é unha lesión pechada que non afecta á pel, polo tanto, non é errosiva nin afecta a epiderme como no caso dunha ferida cortante ou penetrante.[3][4] A pel ou os órganos poden cambiar de cor por efecto do sangue derramado, formando hematomas e equimose.
Cando a contusión é leve, a dor é moderada e tardía, permite continuar o esforzo. Con tratamento, a súa evolución é favorable. Por tratarse dunha lesión pechada, a contusión non leva risco de contaminación externa e infección.[5]
En contusións pequenas a inflamación mellora aplicando sinxelamente un pouco de xeo ou compresas frías. Se a contusión provén dun golpe máis forte, adóitase indicar a aplicación de xeo e elevar a parte afectada e deixala en repouso. Os golpes contusos fortes poden afectar órganos sólidos, polo que se debe consultar cun especialista en saúde.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.