![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/Helen_Wills_Moody_1932.jpg/640px-Helen_Wills_Moody_1932.jpg&w=640&q=50)
Helen Wills
tenista profesional estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Helen Newington Wills, nada en Centerville (California) o 6 de outubro de 1905 e finada en Carmel o 1 de xaneiro de 1998, tamén coñecida como Helen Wills Moody e Helen Wills Roark, foi unha xogadora de tenis estadounidense. Fíxose célebre no mundo por liderar a clasificación feminina durante un total de nove anos: 1927–33, 1935 e 1938.[1] Gañou 31 torneos de Grand Slam (individuais, dobres femininos e dobres mixtos) durante a súa carreira.
![]() (1932) ![]() | ||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Helen Newington Wills ![]() 6 de outubro de 1905 ![]() Fremont, Estados Unidos de América ![]() | |||||||||||||||||||
Morte | 1 de xaneiro de 1998 ![]() Carmel-by-the-Sea, Estados Unidos de América ![]() | |||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | at sea (en) ![]() ![]() | |||||||||||||||||||
Datos persoais | ||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() | |||||||||||||||||||
Educación | Universidade de California en Berkeley Head-Royce School (en) ![]() ![]() | |||||||||||||||||||
Lateralidade | destro ![]() | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Poesía ![]() | |||||||||||||||||||
Ocupación | tenista , poetisa , autobiógrafa , escritora , novelista ![]() | |||||||||||||||||||
Período de actividade | (Con vida en: 1900 ![]() | |||||||||||||||||||
Membro de | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | |||||||||||||||||||
Deporte | tenis ![]() | |||||||||||||||||||
Man de xogo | one-handed forehand (en) ![]() ![]() ![]() | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
1924 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 1924 (pt) ![]() ![]() |
|||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Aidan Roark (1939–década de 1970) Frederick Moody, Jr. (1929–1937) | |||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Wills foi a primeira muller deportista estadounidense que logrou unha celebridade global, trabando amizade coa realeza e con estrelas de cinema a pesar da súa preferencia por permanecer fóra dos focos. Foi admirada polo seu físico grácil e os seus movementos fluídos. Formou parte dunha nova moda do tenis, xogando con saias polo xeonllo en lugar das máis longas das súas predecesoras. Practicou contra varóns para perfeccionar a súa habilidade, e xogou un tenis incansable, desgastando as súas opoñentes con poder e precisión. En 1933 bateu o xogador estadounidense número oito nun partido de exhibición.
A súa marca de oito vitorias en Wimbledon non foi superado ata que en 1990 Martina Navratilova gañou nove. Díxose dela que foi "sen discusión a xogadora de tenis máis dominante do século XX",[2] e foi chamada por algúns (incluídos Jack Kramer, Harry Hopman, Mercer Beasley, Don Budge e AP News) a mellor xogadora de tenis da historia.[3][4][5]