Haumea (planeta anano)
planeta anano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Haumea (símbolo: ),[12] designado provisionalmente coma (136108) Haumea, é un planeta anano do sistema solar, situado alén da órbita do planeta Neptuno e integrante do cinto de Kuiper. A súa masa estimada é dun terzo da masa de Plutón.[13] Foi descuberto no 2004 polo equipo encabezado por Mike Brown do Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) no Observatorio de Palomar nos Estados Unidos e, no 2005, por un equipo encabezado por J. L. Ortiz no Observatorio de Serra Nevada en España, aínda que este reclamo foi posto en dúbida por Brown. O 17 de setembro do 2008, foi aceptado coma planeta anano pola Unión Astronómica Internacional (UAI) e designou o obxecto co nome de Haumea, a deusa hawaiana da fertilidade.
Haumea ![]() |
|
---|---|
![]() | |
Haumea e das súas dúas lúas Hiʻiaka e Namaka | |
Descubrimento | |
Descuberto por | Brown e o seu equipo; Ortiz e o seu equipo. (ningún dos dous é oficial) |
Data do descubrimento | 28 de decembro de 2004 (Brown e o seu equipo); xullo do 2005 (Ortiz e o seu equipo) |
Designacións | |
Designación MPC | (136108) Haumea |
Designación alternativa | 2003 EL61 |
Categoría de planeta menor |
planeta anano, plutoide, TNO (descatalogado coma cubewano)[1][2] |
Características orbitais[4] | |
E=30-11-2008 (XD 2454800,5) | |
Afelio | 7.710 Xm 51,544 AU |
Perihelio | 5.194 Xm 34,721 AU |
Eixo Semi-maior | 6.452 Xm 43,132 UA |
Excentricidade | 0,195 01 |
Período orbital | 103 468 d (283,28 ano) |
Velocidade orbital media | 4,484 km/s |
Anomalía media | 202,67° |
Inclinación orbital | 28,22° |
Lonxitude do nodo ascendente | 121,10° |
Argumento do perihelio | 239,18° |
Nº de Satélites | 2 |
Características físicas | |
Dimensións | ≈1.960 × 1.518 × 996 km (Keck)[5] (≈1,436 km (diámetro)) 1,150 (+250 -100) km (diámetro) (Spitzer)[6] |
Área superficial | ≈2 × 107 km2 |
Masa | 4,006 ± 0,040 × 1021 kg[7] |
Densidade media | 2,6–3,3 g/cm³[5] |
Gravidade superficial ecuatorial | 0,44 m/s² |
Velocidade de escape | 0,84 km/s |
Período de rotación sideral | 0,163 146 ± 0,000 004 d (3,915 5 ± 0,000 1 h)[8] |
Albedo | 0,7 ± 0.1[5] 0,84 (+0,1 -0,2)[6] |
Temperatura | <50 K[9] |
Tipo espectral | ? |
Magnitude aparente | 17,3 (oposición)[10][11] |
Magnitude absoluta | 0,17[4] |
Parece ser moi alargado, o que o fai único entre os obxectos trans-neptunianos (TNOs). Aínda que a súa forma non puido ser directamente observada, cálculos da súa curva de luz indican que é elipsoidal, co eixo maior dúas veces máis grande có seu eixo menor. Porén, a súa gravidade é o suficientemente grande para deixalo en equilibrio hidrostático, o que o fai entrar na definición de planeta anano. A súa forma elipsoidal, coa súa infrecuentemente rápida rotación, alta densidade, e gran albedo (proveniente dunha superficie cristalina de xeo), dan a teoría resultante de que Haumea é o resultado dunha gran colisión, deixando á propia Haumea coma o membro máis grande dunha familia de colisión que inclúe moitos outros TNOs e as súas dúas lúas.