From Wikipedia, the free encyclopedia
Harun al-Rashid[1][2] (en árabe هارون الرشيد, Aarón o Xusto), nado en Rayy, Persia, o 17 de marzo de ca. 766 e finado en Tus o 24 de marzo de 809, foi o quinto e máis famoso califa da dinastía abasí de Bagdad. Gobernou desde o 14 de setembro de 786 até a súa morte.
Considérase un dos máis grandes gobernantes musulmáns, e un exemplo a imitar polos seus correlixionarios. No seu reinado o califato abasí chegou ao cumio do seu poderío, un período de excepcional esplendor cultural, científico e económico. Por outra parte, foi moi radical nas súas concepcións relixiosas acerca do islam.
A súa fama e poderío foron inmortalizados en As mil e unha noites, onde el, a súa esposa Zobeida e varios dos seus cortesáns protagonizan numerosas historias.
Harún era fillo de Al-Mahdi, terceiro califa abasí, que gobernou entre 775 e 785, e Al-Jayzuran, unha antiga escrava do Iemen e muller de forte personalidade que influíu considerabelmente nos reinados do seu marido e os seus fillos.
Descoñécese a data exacta do seu nacemento,[3] que podería ser en calquera momento entre os anos 763 e 767, aínda que aparentemente o máis probábel é que ocorrera en 766.
É seguro, en cambio, que tanto Harún como o seu irmán máis vello Musa, o futuro califa al-Hadi), naceron en Rayy (localidade ao sur da moderna Teherán), onde seu pai residía como vicerrei da zona oriental do califato.[4]
O seu primeiro acto público de relevancia foi acompañar ao seu pai nunha peregrinación ás cidades santas de A Meca e Medina, no outono de 777.[5] Pouco despois, se lle asignou como titor a Yahya ibn Khalid ibn Barmak (Yahya el Barmací), un experimentado funcionario e amigo íntimo da familia real, quen chegou a desempeñar un rol de verdadeiro pai na vida de Harún.[6]
No verán de 780 encargóuselle conducir unha campaña contra os bizantinos na zona dos montes Tauros, o que simultaneamente lle brindaba unha formación militar e a oportunidade de darse a coñecer no exército. Acompañárono Yahya el Barmací, como administrador das finanzas do exército, e o chambelán Rabi ibn Yunus.
Despois dun sitio de oito días, logrou a rendición do castelo fronteirizo de Samalu, cuxa gornición foi deportada a Bagdad (a fortaleza volvería a mans bizantinas pouco despois).[7]
En 782 Harún liderou unha expedición de maior envergadura que derrotou ao exército bizantino e alcanzou o Bósforo.
A emperatriz bizantina Irene tivo que comprometerse a pagar un tributo ao califa, durante tres anos, consistente nuns de 70.000 a 90.000 dinares anuais.[8][9]
Harún estivo moi influído pola vontade da súa nai no goberno do imperio até a morte desta en 789. O seu principal ministro, o visir Giafar el Barmesida, os fillos deste e outros membros da familia barmáquida controlaron xeralmente a administración.
O imperio abasí empezou a desmoronarse con el e a soberanía do seu reino non foi nunca recoñecida polos aglabís de Tunes, como tampouco polos idrisís de Marrocos e os omeias de Al-Ándalus.
Ademais da súa viaxe de 777, xa sendo califa Harún realizou oito peregrinacións á Meca, nos anos 787, 790, 791, 794, 796, 798, 802 e 804.[10]
Coa intención de sufocar persoalmente unha rebelión na provincia oriental de Khorasán, Harún abandonou Bagdad á cabeza dun exército o 5 de xuño de 808, acompañado polo seu fillo al-Mamun.
A finais do ano chegaron á cidade de Tus, en Khorasán (ao nordeste do moderno Irán).
Alí enfermou, e encomendou a al-Mamun que continuara a expedición.
Harún faleceu o 24 de marzo de 809, contando cuns 47 anos de idade.
Foi sepultado na casa de campo na que se instalara.[11]
One day Haroun Al-Raschid read
A book wherein the poet said
Where are the kings and where the rest
Of those who once the world possessed?
O futuro presidente dos Estados Unidos Theodore Roosevelt, cando era o Comisionado do Departamento de Policía de Nova York, era alcumado nos periódicos locais como "Haroun-al-Roosevelt" polo seu hábito de pasear en solitario polas rúas de Manhattan para, subrepticiamente, cahar aos policías fóra dos seus postos. (Nas mil e unha noites, Harún al-Rashid percorría de noite as rúas de Bagdad vestido de mercador para observar a vida das xentes).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.