From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hart Memorial Trophy, orixinalmente coñecido como o Hart Trophy, é outorgado anualmente ao xogador xulgago como o máis valioso para o seu equipo na National Hockey League (NHL). O trofeo foi outorgado 90 veces a 54 xogadores diferentes desde os seus comezos en 1924. Cada ano, membros da Professional Hockey Writers' Association votan para determinar ao xogador que foi máis valioso para o seu equipo durante a liga regular.
O Hart Memorial Trophy é nomeado en honra do Canadian Dr. David Hart. Dr. Hart, quen doou o trofeo orixinal á NHL, era o pai de Cecil Hart, un antigo adestrador e General Manager dos Montreal Canadiens. O trofeo foi entregado por primeira á conclusión da tempada 1923–24 a a Frank Nighbor dos Ottawa Senators. O Hart Trophy orixinal foi retirado ao Hockey Hall of Fame en 1960, e a NHL empezou a presentar un trofeo novo, que foi bautizado comoo Hart Memorial Trofeo no seu lugar.[1] Coas excepcións de Tommy Anderson, Al Rollins e Eric Lindros, cada xogador elixible que gañou o Hart Trophy foi introducido no Hall of Fame.
Wayne Gretzky gañou o premio un total de nove veces durante a súa carreira, oito consecutivos. Foi nomeado MVP máis veces que ningún outro xogador na historia das outras tres ligas profesionais norteamericanas importantes (Major League Baseball (MLB), National Basketball Association, e National Football League). Barry Bonds é o segundo, tendo gañado o trofeo ao MVP sete veces na MLB. Gretzky e o seu compañeiro de equipo nos Edmonton Oilers Mark Messier son os únicos xogadores que gañaron o Hart Trophy con máis dun equipo.[2] Xogadores dos Montreal Canadiens gañaron o premio dezaseis veces; os xogadores dos Boston Bruins son os segundos con doce gañadores, mentres que os xogadores dos Detroit Red Wings e os Edmonton Oilers gañaron o premio nove veces. Joe Thornton converteuse no único gañador do Hart Trophy que ten cambiado de equipo durante a tempada na que gañou o trofeo (fíxoo na tempada 2005-06, tendo xogado nos Bruins e os San Jose Sharks ese ano). O defensa que máis veces gañou o trofeo é Eddie Shore, con catro. Por contraste, é raro para un porteiro gañar o premio, o cal sucedeu só sete veces na historia; o porteiro dos Buffalo Sabres Dominik Hašek é o único gañador de dous trofeos.
A votación ten lugar ao finalizar a liga regular, e nela participan membros da Professional Hockey Writers' Association (en galego Asociación dos Escritores de Hóckey Profesionais), e cada votante califica aos seus cinco primeiros candidatos mediante un sistema de 10-7-5-3-1 puntos.[3] Logo son nomeados tres finalistas e o trofeo é outorgado na cerimonia de Premios da NHL logo dos play-offs. A votación máis axustada para outorgar o Hart Trophy tivo lugar na tempada 2001-02, cando José Théodore e Jarome Iginla empataron no total de votos. O desempate para escoller ao gañador do Hart Trophy mediante o número de votos en primeiro lugar. Théodore gañouno conseguindo 86 primeiros votos por 82 de Iginla.[4]
En 2008, a tenda online oficial da NHL foi criticada despois de que colocaran un anuncio veu baixo crítica despois de que colocaron un anuncio da camiseta de Alexander Ovechkin como o gañador do premio unha semana antes de que o resultado fora revelado. Un portavoz da liga dixo "nun esforzo para ofrecer aos nosos seguidores o merchandise queren no momento oportuno que segue a un acontecemento como os Premios da NHL, os nosos licenciatarios prepara o produto para todos os resultados posibles. Nesta situación, a ligazón para un dos produtos posibles converteuse en viva cedo por un erro polo noso provedor de comercio electrónico."[5] Ovechkin foi máis tarde confirmado como gañador.
C | Centro |
---|---|
LW | Á esquerda |
D | Defensa |
RW | Á dereita |
G | Porteiro |
Xogadores que aínda están en activo na NHL. Xogadores elixibles aínda non introducidos no Hockey Hall of Fame Xogadores inactivos aínda non elixibles para o Hockey Hall of Fame
Tempada | Gañador | Equipo | Posición | Trofeos |
---|---|---|---|---|
1923–24 | Frank Nighbor | Ottawa Senators | C | 1 |
1924–25 | Billy Burch | Hamilton Tigers | C | 1 |
1925–26 | Nels Stewart | Montreal Maroons | C | 1 |
1926–27 | Herb Gardiner | Montreal Canadiens | D | 1 |
1927–28 | Howie Morenz | Montreal Canadiens | C | 1 |
1928–29 | Roy Worters | New York Americans | G | 1 |
1929–30 | Nels Stewart | Montreal Maroons | C | 2 |
1930–31 | Howie Morenz | Montreal Canadiens | C | 2 |
1931–32 | Howie Morenz | Montreal Canadiens | C | 3 |
1932–33 | Eddie Shore | Boston Bruins | D | 1 |
1933–34 | Aurèle Joliat | Montreal Canadiens | LW | 1 |
1934–35 | Eddie Shore | Boston Bruins | D | 2 |
1935–36 | Eddie Shore | Boston Bruins | D | 3 |
1936–37 | Babe Siebert | Montreal Canadiens | D | 1 |
1937–38 | Eddie Shore | Boston Bruins | D | 4 |
1938–39 | Toe Blake | Montreal Canadiens | LW | 1 |
1939–40 | Ebbie Goodfellow | Detroit Red Wings | D | 1 |
1940–41 | Bill Cowley | Boston Bruins | C | 1 |
1941–42 | Tommy Anderson | Brooklyn Americans | D | 1 |
1942–43 | Bill Cowley | Boston Bruins | C | 2 |
1943–44 | Babe Pratt | Toronto Maple Leafs | D | 1 |
1944–45 | Elmer Lach | Montreal Canadiens | C | 1 |
1945–46 | Max Bentley | Chicago Black Hawks | C | 1 |
1946–47 | Maurice Richard | Montreal Canadiens | RW | 1 |
1947–48 | Buddy O'Connor | New York Rangers | C | 1 |
1948–49 | Sid Abel | Detroit Red Wings | C | 1 |
1949–50 | Chuck Rayner | New York Rangers | G | 1 |
1950–51 | Milt Schmidt | Boston Bruins | C | 1 |
1951–52 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | RW | 1 |
1952–53 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | RW | 2 |
1953–54 | Al Rollins | Chicago Black Hawks | G | 1 |
1954–55 | Ted Kennedy | Toronto Maple Leafs | C | 1 |
1955–56 | Jean Beliveau | Montreal Canadiens | C | 1 |
1956–57 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | RW | 3 |
1957–58 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | RW | 4 |
1958–59 | Andy Bathgate | New York Rangers | RW | 1 |
1959–60 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | RW | 5 |
1960–61 | Bernie Geoffrion | Montreal Canadiens | RW | 1 |
1961–62 | Jacques Plante | Montreal Canadiens | G | 1 |
1962–63 | Gordie Howe | Detroit Red Wings | RW | 6 |
1963–64 | Jean Beliveau | Montreal Canadiens | C | 2 |
1964–65 | Bobby Hull | Chicago Black Hawks | LW | 1 |
1965–66 | Bobby Hull | Chicago Black Hawks | LW | 2 |
1966–67 | Stan Mikita | Chicago Black Hawks | C | 1 |
1967–68 | Stan Mikita | Chicago Black Hawks | C | 2 |
1968–69 | Phil Esposito | Boston Bruins | C | 1 |
1969–70 | Bobby Orr | Boston Bruins | D | 1 |
1970–71 | Bobby Orr | Boston Bruins | D | 2 |
1971–72 | Bobby Orr | Boston Bruins | D | 3 |
1972–73 | Bobby Clarke | Philadelphia Flyers | C | 1 |
1973–74 | Phil Esposito | Boston Bruins | C | 2 |
1974–75 | Bobby Clarke | Philadelphia Flyers | C | 2 |
1975–76 | Bobby Clarke | Philadelphia Flyers | C | 3 |
1976–77 | Guy Lafleur | Montreal Canadiens | RW | 1 |
1977–78 | Guy Lafleur | Montreal Canadiens | RW | 2 |
1978–79 | Bryan Trottier | New York Islanders | C | 1 |
1979–80 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | C | 1 |
1980–81 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | C | 2 |
1981–82 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | C | 3 |
1982–83 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | C | 4 |
1983–84 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | C | 5 |
1984–85 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | C | 6 |
1985–86 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | C | 7 |
1986–87 | Wayne Gretzky | Edmonton Oilers | C | 8 |
1987–88 | Mario Lemieux | Pittsburgh Penguins | C | 1 |
1988–89 | Wayne Gretzky | Los Angeles Kings | C | 9 |
1989–90 | Mark Messier | Edmonton Oilers | C | 1 |
1990–91 | Brett Hull | St. Louis Blues | RW | 1 |
1991–92 | Mark Messier | New York Rangers | C | 2 |
1992–93 | Mario Lemieux | Pittsburgh Penguins | C | 2 |
1993–94 | Sergei Fedorov | Detroit Red Wings | C | 1 |
1994–95 | Eric Lindros | Philadelphia Flyers | C | 1 |
1995–96 | Mario Lemieux | Pittsburgh Penguins | C | 3 |
1996–97 | Dominik Hašek | Buffalo Sabres | G | 1 |
1997–98 | Dominik Hašek | Buffalo Sabres | G | 2 |
1998–99 | Jaromír Jágr | Pittsburgh Penguins | RW | 1 |
1999–2000 | Chris Pronger | St. Louis Blues | D | 1 |
2000–01 | Joe Sakic | Colorado Avalanche | C | 1 |
2001–02 | José Théodore | Montreal Canadiens | G | 1 |
2002–03 | Peter Forsberg | Colorado Avalanche | C | 1 |
2003–04 | Martin St. Louis | Tampa Bay Lightning | RW | 1 |
2004–05[nota 1] | ||||
2005–06 | Joe Thornton | Boston Bruins/San Jose Sharks | C | 1 |
2006–07 | Sidney Crosby | Pittsburgh Penguins | C | 1 |
2007–08 | Alexander Ovechkin | Washington Capitals | LW | 1 |
2008–09 | Alexander Ovechkin | Washington Capitals | LW | 2 |
2009–10 | Henrik Sedin | Vancouver Canucks | C | 1 |
2010–11 | Corey Perry | Anaheim Ducks | RW | 1 |
2011–12 | Evgeni Malkin | Pittsburgh Penguins | C | 1 |
2012–13 | Alexander Ovechkin | Washington Capitals | RW | 3 |
2013–14 | Sidney Crosby | Pittsburgh Penguins | C | 2 |
2014–15 | Carey Price | Montreal Canadiens | G | 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.