Guaruba guarouba
especie de paxaro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Guaruba guarouba é unha especie de papagaio neotropical de tamaño medio e cor dourada. É orixinaria da bacía do Amazonas, no interior do norte do Brasil. É a única especie clasificada dento do xénero Guaruba.
Máis información Guaruba guarouba, Estado de conservación ...
Guaruba guarouba | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Pechar
A súa plumaxe é maioritariamente amarela brillante, de aí o seu nome común, pero tamén posúe rémixes verdes. Vive nas selvas tropicais máis secas e altas da bacía amazónica do Brasil, e está ameazada pola deforestación e os asolagamentos, e tamén polas trampas ilegais para o comercio de animais de compañía. Aparece na lista do convenio CITES no apéndice I.[2]