Johann Friedrich Gmelin, o fillo máis vello do médicoPhilipp Friedrich Gmelin, naceu en 1748 en Tubinga (Alemaña). Estudou medicina co seu pai,[1] na universidade de Tubinga, graduándose como doutor en medicina en 1768 cunha tese titulada Irritabilitatem vegetabilium, in singulis plantarum partibus exploratam ulterioribusque experimentis confirmatam, defendida ante un tribunal presidido por Ferdinand Christoph Oetinger,[2] quen lle deu as grazas coas palabras:
Patrono et praeceptore in aeternum pie devenerando, pro summis in medicina obtinendis honoribus.
Gmelin obtivo unha praza de profesor de medicina en Turinxia en 1772, e ao ano seguinte as de filosofía e medicina en Gotinga e, en 1775, as cátedras de química, botánica e mineraloxía.
Propiamente dito, Gmelin non foi un zoólogo nin un botánico. Publicou sobre todo traballos de química aínda que supervisou entre 1788 e 1793 a 13ª edición do Systema naturae de Carlos Linneo, que arrequeceu con numerosas modificacións e addendas. Por iso é polo que no sistema binomial de clasificación dos seres vivos o seu nome aparece en varias ocasións.
Johann Friedrich Gmelin foi o pai do químicoLeopold Gmelin, e sobriño de Johann Georg Gmelin (1709-1755), explorador, químico e botánico.
Como todos os médicos da súa época, foi un apaixonado de todos os problemas que tiñan relación coas ciencias naturais.
Gmelin está soterrado en Gotinga, no cemiterio de Cheltenham Park, en Gotinga.
Allgemeine Geschichte der Gifte, 2 vols, 1776/77
Allgemeine Geschichte der Pflanzengifte, 1777. Ein Nachdruck der 2. Auflage von 1803 wurde verlegt bei Dr. Martin Sändig oHG, Walluf bei Wiesbaden 1974, ISBN 3-500-26320-8
Allgemeine Geschichte der mineralischen Gifte, 1777
Des Ritters Carl von Linné vollständiges Natursystem des Mineralreichs, nach der zwölften Lateinischen Ausgabe. In einer freyen und vermehrten Übersetzung von J. F. Gmelin. 4 Teile, Gabriel Nicolaus Raspe, Nürnberg 1777–1779.[3]
Einleitung in die Chemie, 1780
Beyträge zur Geschichte des teutschen Bergbaus, 1783
Ueber die neuere Entdeckungen in der Lehre von der Luft, und deren Anwendung auf Arzneikunst, 1784
Grundsätze der technischen Chemie, 1786
Abhandlung von der Wurmtrocknis, 1787
"Caroli a Linné, Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio Decima Tertia, Aucta, Reformata" Georg. Emanuel. Beer, Lipsiae (1788-1793); in seconda edizione: J.B. Delamollière, Lugduni
Vera V. e Gregory S. Girolami (1998): PDFArquivado 12 de xuño de 2010 en Wayback Machine. School of Chemical Sciences Web Genealogy "Genealogy Database Entry: Gmelin, Johann Friedrich". University of Illinois, Champaign-Urbana. Consultada o 12/07/2013.