Greivis Josué Vásquez Rodríguez, máis coñecido como Greivis Vásquez, nado o 16 de xaneiro de 1987 en Caracas, é un ex xogador venezolano de baloncesto profesional. Foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Memphis Grizzlies. Foi escollido despois dunha exitosa carreira universitaria cos Maryland Terrapins, onde rematou en segunda posición na lista de máximos anotadores da historia dos Terrapins, con 2.171 puntos.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaGreivis Vásquez
Thumb
(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Maryland
Montrose Christian School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso102 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porMemphis Grizzlies, 28º (24 de xuño de 2010) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- New Orleans Pelicans
- Toronto Raptors
- Memphis Grizzlies
2006-2010 Maryland Terrapins (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2011Copa América de Basquetebol Masculino de 2011 (pt) Traducir
2009Copa América de Basquetebol Masculino de 2009 (pt) Traducir
20072007 FIBA Americas Championship (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: greivisvasquez Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria profesional

Memphis Grizzlies

Os Memphis Grizzlies escolleron a Vasquez na 28ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2010.[2] Durante a tempada regular no seu ano rookie, Vasquez xogou apenas uns minutos e anotou dobres díxitos tan só dúas veces, pero foi xogando máis tempo nos playoffs de 2011.[3]

Memphis enfrontouse aos San Antonio Spurs na primeira rolda, onde os Grizzlies gañaron o seu primeiro partido da postempada da historia da franquía. No 4º partido, Vasquez substituíu o base titular Mike Conley, Jr.. Vasquez fixo un parcial de 7-0 que axudou a Memphis a levar o control do partido. Durante os seus 13 minutos de xogo, anotou 9 puntos e repartiu 2 asistencias, para axudar á vitoria de Memphis por 104-86.[3] Os Grizzlies pasaron de rolda ao gañar o 6º partido, onde Vasquez xogou 23 minutos e anotou 11 puntos. Memphis avanzou de rolda e xogou contra Oklahoma City Thunder nas semifinais de Conferencia, onde Vasquez se enfrontou ao seu antigo compañeiro de clase no instituto de Montrose Christian, Kevin Durant.[4]

New Orleans Hornets

O 24 de decembro de 2011, foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Quincy Pondexter.[5] O 8 de febreiro de 2013, conseguiu cos Hornets o primeiro triplo-dobre da súa carreira, ó conseguir 21 puntos, 12 asistencias e 11 rebotes contra os Atlanta Hawks.

Vasquez rematou a tempada 2012-13 sendo o máximo asistente da liga con 704, e foi escollido na segunda posición na votación do premio ó xogador máis mellorado da tempada.

Sacramento Kings

O 10 de xullo de 2013, Vásquez foi traspasado ós Sacramento Kings nun traspaso a tres bandas que levou ó seu antigo compañeiro Robin Lopez ós Portland Trail Blazers, e a Tyreke Evans a Nova Orleáns, xa co nome de New Orleans Pelicans.[6]

Toronto Raptors

O 9 de decembro de 2013, Vasquez foi traspasado xunto a Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes ós Toronto Raptors a cambio de Rudy Gay, Quincy Acy e Aaron Gray.[7]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.