Gran Premio de Malaisia de 2017
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Malaisia 2017 (oficialmente chamado 2017 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 1 de outubro de 2017 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia. Foi a décimo novena edición do Gran Premio de Malaisia como unha proba do Campionato do Mundo, e a trixésimo sétima en total. Este será tamén o último Gran Premio de Malaisia programado, a carreira non se repitira para a tempada 2018 e seguintes.
Nome oficial | 2017 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Malaisia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 |
Distancia do evento | 56 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Sepang 2°45′38″N 101°44′15″L |
Lonxitude | 2,706 km |
País | Malaisia |
Data | 1 de outubro de 2017 |
Competición | |
Primeiro posto | Max Verstappen |
Pole position | Lewis Hamilton (01:30,076) |
Volta máis rápida | Sebastian Vettel (01:34,08) |
O piloto de Mercedes Lewis Hamilton entra na rolda cunha vantaxe de vinte e oito puntos sobre o piloto de Ferrari Sebastian vettel no Campionato Mundial de Pilotos. O compañeiro de equipo de Hamilton, Valtteri Bottas, era terceiro, a vinte e tres puntos por detrás. No campionato Mundial de construtores, Mercedes ten unha vantaxe de cento dous puntos sobre Ferrari, con Red Bull Racing a cento corenta e tres puntos detrás en terceiro lugar.