Gran Premio de Acerbaixán de 2018
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Acerbaixán de 2018 (oficialmente 2018 Formula One Azerbaijan Grand Prix) foi a cuarta carreira da tempada 2018.
Nome oficial | Formula 1 2018 Azerbaijan Grand Prix |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (en) Formula 1 2018 Azerbaijan Grand Prix |
Tipo | Gran Premio de Acerbaixán |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018 |
Distancia do evento | 51 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Bakú (Bakú) Bakú (Acerbaixán) |
País | Acerbaixán |
Data | 29 de abril de 2018 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton (Mercedes) Mercedes |
Pole position | Sebastian Vettel (01:41,498) |
Volta máis rápida | Valtteri Bottas (01:25,149) |
Nos primeiros minutos, Romain Grosjean fixo a súa enésima saída de pista na fin de semana tras bloquear a roda dianteira esquerda na freada da curva 3. O coche ficou parado na zona de escape co cambio trabado, e o francés da Haas non conseguiu saír do lugar. Saíu o domingo 20º e último.
Todos os pilotos entraron na pista na Q1 con pneumáticos ultrabrandos, os máis adherentes da fin de semana. Ao contrario doutras pistas, os pneumáticos renderon máis nunha secuencia de voltas e non en só nunha volta lanzada e, con iso, as posicións foron mudando. Raikkonen fixo o mellor tempo (1:42.985), con Vettel, Ocon, Hamilton e Verstappen loitando pola segunda posición.
A exemplo do que aconteceu na China, os pilotos da STR sorprenderon. Brendon Hartley andaba lento pola pista tras raspar no muro e furar un pneumático, e Pierre Gasly case o alcanzou. O francés precisou dun reflexo rápido para desviarse do compañeiro, mais acabou pasando recto. Na batalla polas prazas finais na Q2, Lance Stroll conseguiu avanzar á Q2 na última volta, eliminando a Stoffel Vandoorne.
Eliminados: Romain Grosjean, Brendon Hartley, Marcus Ericsson, Pierre Gasly e Stoffel Vandoorne
Como os pilotos precisan usar na saída os pneumáticos da mellor volta na Q2, os principais coches entraron na pista con pneumáticos superbrandos, en vez dos ultrabrandos da Q1. Hamilton e Bottas foron os máis rápidos nos primeiros minutos, mentres Vettel fixo un tempo para garantirse a Q2. Raikkonen errou na súa primeira volta rápida e case bateu, mais conseguiu volver.
Para non correr riscos de ser eliminado, Raikkonen colocou un xogo de pneumáticos ultrabrandos e, con iso, fixo o mellor tempo da Q2. Mais iso obrigará ao finlandés a saír con ese xogo de pneumáticos, ao contrario dos principais competidores, que van saír con superbrandos.
Na disputa polas últimas prazas na Q3, Fernando Alonso unha vez máis ficou fóra, co 13º tempo, xusto por diante de Charles Leclerc, que obtivo súa mellor posición de saída na F1, ambos subiron unha posición na grella pola penalización a Nico Hulkenberg. O dúo de Williams non se clasificou por pouco, mentres Kevin Magnussen decepcinou co Haas. Curiosamente, quen asustou foi Daniel Ricciardo, que terminou décimo, aínda que abortou na última volta cando viu que os competidores non alcanzarían o seu tempo.
Eliminados: Kevin Magnussen, Charles Leclerc, Fernando Alonso, Sergey Sirotkin e Lance Stroll
Na primeira tentativa dos principais favoritos na Q3, Vettel foi o máis rápido cunha significativa vantaxe de 0´342 sobre Hamilton, con Bottas, Verstappen, Ricciardo e Raikkonen, que cometeu un erro na súa primeira volta lanzada, en sexto.
Kimi asustou a Vettel tras marcar os mellores dous primeiros sectores, mais volveu a cometer un grande erro na curva 16 e non conseguiu mellorar o seu tempo, ficando sexto. Con iso, a pole do alemán ficou garantida, con Hamilton e Bottas a continuación.
Todos os pilotos saíron da liña desde a liña de saída sen incidentes. Pero na curva 2 un pequeno contacto entre Kimi Räikkönen e Esteban Ocon ocorreu e na recta seguinete a dita curva o coche de Sirotkin entrou en contacto co McLaren de Fernando Alonso e o Renault de Nico Hulkenberg, e provocoulles unha dobre picada de pneumáticos (os pneumáticos dianteiro e traseiro dereito de Alonso) e o pneumático esquerdo frontal de Sirotkin, así como o danos na suspensión. No caos, o Force India de Sergio Pérez golpeou a parte traseira do coche de Räikkönen, causando danos nas ás dianteiras. O primeiro gran contacto na carreira foi de novo entre Kimi Räikkönen e Esteban Ocon na curva 3. Ocon sufriu un dano suficiente para forzar a súa retirada inmediata da carreira. A picada de pneumáticos de Sergey Sirotkin fixo que parase preto do incidente na curva 3 de Räikkönen-Ocon. A situación de Ocon e Sirotkin na pista causaron un primeiro coche de seguridade. Durante a saída do coche de seguridade, numerosos pilotos entraron no garaxe a reparar os danos, Räikkönen (cambio do frontal) Pérez (cambio do frontal), Alonso (cambio dos pneumáticos, cambio do frontal), e Kevin Magnussen (cambio de pneumáticos). Se necesitaron varias voltas para limpar os coches retirados e os restos de fibra de carbono da pista. Pérez recibiu unha penalización de cinco segundos polo contacto con Räikkönen, que fixo na súa primeira parada en boxes.
Os cinco primeiros pilotos reiniciáronse en orde de clasificación, no reinicio na 6ª volta. O Renault de Carlos Sainz, que clasificou no décimo lugar, mostrou unha notable fortaleza na primeira parte da carreira e era quinto pola volta 7. O cuarto lugar para o Red Bull do piloto Max Verstappen informou problemas coa súa batería doKERS despois do reinicio, permitindo que os tres principais pilotos se afastasen mentres construía unha longa fila de coches detrás del. os dous Renaults de Sainz e Nico Hülkenberg pronto pasaron a Verstappen para acadar os postos 4º e 5º. Na volta 11, a parte traseira de Hülkenberg derrapou e golpeou o muro da curva 4, obrigándoo a retirarse.
Logo da retirada de Hulkenberg, a carreira achegouse a un ritmo de carreira máis típico da Fórmula Un. Sainz entrou a cambiaros seus pneumáticos ultrabrandos usados cando ía 4º e os Red Bulls de Daniel Ricciardo e Max Verstappen correron 4º e 5º por varias voltas, ocasionalmente intercambiando posicións. Carlos baixou á 9ª posición despois do seu pitstop, colocou pneumáticos brandos, pero isto resultou ser un erro de estratexia porque os pneumáticos non quentaban e resultou superado por ambos Red Bulls e pasou a loitar polos puntos baixos. Os tres pilotos máis importantes (Sebastian Vettel, Ferrari, Lewis Hamilton, Mercedes e Valtteri Bottas, Mercedes) corrían dentro de 10 segundos un do outro. O cuarto lugar era do Red Bull de Verstappen, a 30 segundos detrás do líder da carreira na volta 18. Hamilton cambiou os pneumáticos superbrandos usados por brandos na volta 23. Bottas, mentres tanto, mantívose fóra alargando a duración dos pneumáticos superbrandos. O líder da carreira Vettel puxo os pneumáticos brandos na volta 31, coa intención de rematar a carreira sobre eles, deixando a Bottas no liderado da carreira (pero aínda tiña que entrar en boxes). Neste punto, a principal pregunta para os líderes da carreira era se Bottas podía construír o suficiente espazo para cambiar os pneumáticos e entón ameazar a Vettel pola vitoria da carreira. Os compañeiros de Red Bull, Verstappen e Ricciardo, continuaron a carreiras xuntos, con cambios de posición e superándose entre eles nas voltas 27 e 28, e de novo Ricciardo pasou a Verstappen para retomar o cuarto lugar na volta 35. Ambos pilotos de Red Bull entraron en boxes na volta 35 para montar pneumáticos ultrabrandos novos.
a situación da carreira cambiou por completo na volta 40, cando os compañeiros de Red Bull Verstappen e Ricciardo (entón en cuarto e quinto lugar, respectivamente) chocaron entre eles. Ricciardo, que acababa de pasar por Verstappen, intentou meterse polo interior, pero terminou freando demasiado tarde e golpeando ao compañeiro de equipo Verstappen que mudou a trazada para defenderse do ataque. A colisión foi suficiente para retirar ambos pilotos e forzar o segundo coche de seguridade da carreira. Varios pilotos dos primeiros 10 aproveitaron a situación. Antes de que o coche de seguridade agrupase os coches, o líder da carreira Bottas fixo a súa esperada parada para poñer pneumáticos novos ultrabrandos para rematar a carreira, o segundo, Vettel, o terceiro Hamilton e o cuarto Raikkonen tamén entraron a poñer ultrabrandos. O quinto posto do piloto de Force India Sergio Pérez elixiu pneumáticos novos superbrandos. Na volta 43, mentres aínda estaba o coche de seguridade na pista, o sexto clasificado o Haas do piloto Romain Grosjean perdeu a tracción e golpeou contra o muro, forzando a súa retirada e prolongando a estadía do coche de seguridade.
O coche de seguridade non puido entrar ata a volta 48, e Bottas mantivo o liderado cando reiniciouse a carreira. En segundo lugar, Vettel intentou un movemento agresivo para pasar a Bottas, bloqueou as súas rodas e saíuse na curva, finalmente, o que o deixou no cuarto lugar con planos nos pneumáticos detrás de Bottas, Hamilton e Raikkonen. Cando comezou a volta 49, Bottas, que lideraba a carreira por máis dun segundo sobre Hamilton, sufriu unha picadura nun pneumático e viuse forzado a retirarse. Ao mesmo tempo, Pérez de Force India pasou a Vettel para acadar a 3ª posición do podio cando Bottas abandonou.
A retirada de Bottas foi o último incidente que afectou á orde do podio. Hamilton gañou, Raikkonen foi segundo e Pérez terceiro. Outros finalistas notables foron o Renault Sainz en quinto lugar, Charles Leclerc e Brendon Hartley ambos obtiveron os primeiros puntos do campionato de Fórmula Un das súas carreiras. Os pilotos de McLaren Fernando Alonso e Stoffel Vandoorne tamén lograron puntuar. Alonso terminou sétimo a pesar da dobre picada que sufriu no inicio da carreira, mentres que Vandoorne usou a saída do coche de seguridade para facer unha cuarta parada en boxes cando estaba no 13º lugar. Cando o coche de seguridade regresou aos boxes. Cos seus pneumáticos quentes foi capaz de pasar do 14º ao noveno posto despois do reinicio.
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos | Grella final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:42.762 | 1:43.015 | 1:41.498 | 1 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:42.693 | 1:42.676 | 1:41.677 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:43.355 | 1:42.679 | 1:41.837 | 3 |
4 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:42.857 | 1:43.482 | 1:41.911 | 4 |
5 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:42.642 | 1:42.901 | 1:41.994 | 5 |
6 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:42.538 | 1:42.510 | 1:42.490 | 6 |
7 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1:43.021 | 1:42.967 | 1:42.523 | 7 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:43.992 | 1:43.366 | 1:42.547 | 8 |
9 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:43.746 | 1:43.232 | 1:43.066 | 14[1] |
10 | 55 | Carlos Sainz | Renault | 1:43.426 | 1:43.464 | 1:43.351 | 9 |
11 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1:44.359 | 1:43.585 | 10 | |
12 | 35 | Sergey Sirotkin | Williams-Mercedes | 1:44.261 | 1:43.886 | 11 | |
13 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Renault | 1:44.010 | 1:44.019 | 12 | |
14 | 16 | Charles Leclerc | Sauber-Ferrari | 1:43.752 | 1:44.074 | 13 | |
15 | 20 | Kevin Magnussen | Haas F1 Team-Ferrari | 1:43.674 | 1:44.759 | 15 | |
16 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Renault | 1:44.489 | 16 | ||
17 | 10 | Pierre Gasly | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:44.496 | 17 | ||
18 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:45.541 | 18 | ||
107% tempo: 1:49.715 | |||||||
NSC | 28 | Brendon Hartley | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:57.354 | 19[2] | ||
NSC | 8 | Romain Grosjean | Haas F1 Team-Ferrari | Sen tempo | 20[2] | ||
Fonte:[3] | |||||||
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.