aristócrata británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Godofredo II da Bretaña (en bretón: Jafrez; en latín: Galfridus, en anglonormando: Geoffroy) naceu en Londres, o 23 de setembro de 1158, e morreu en París o 19 de agosto de 1186.[1][2] Era o cuarto fillo home de Henrique II de Inglaterra, duque de Normandía e conde de Anjou, e da súa esposa Leonor de Aquitania. Foi duque da Bretaña en nome da súa prometida Constanza da Bretaña.
O duque da Bretaña Conan IV subtraeu o poder ó seu titor Eon de Porhoët grazas ó apoio do rei de Inglaterra. Pero esta rivalidade, así como a intervención de Henrique II, provocaron as rebelións sucesivas de moitos das súas vasalos, dirixidos por Eon e os príncipes de León. Proclamado duque en 1156, tivo que abdicar en 1166 cando Henrique II invadiu a Bretaña e, á cabeza dunha armada, arrasou as vilas insurrectas. Para controlar mellor a Bretaña, Henrique II comprometeu dous nenos: o seu fillo Godofredo (13 anos), e a herdeira Constanza (10 anos), filla de Conan IV. Henrique II fíxose nomear rexente do ducado até a maioría de idade de Godofredo.
O matrimonio de Godofredo e Constanza produciuse en xullo de 1181, pero o poder efectivo de Godofredo foi breve porque faleceu accidentalmente durante un torneo no que participou, en París (Francia) —onde se refuxiou logo de rebelado contra o seu pai, o rei Henrique II—, o 19 de agosto de 1186, ós 27 anos de idade, sendo enterrado na Catedral de Notre Dáme.[3][4] Porén, tivo tempo de ordenar a redacción, por unha asemblea de xuristas (1185), dun texto xurídico, Assise au Comte Geoffroy, mediante o cal trataba de limitar a división dos grandes feudos, o que lle valeu o favor dos baróns.
Do seu matrimonio naceron 3 fillos:
O novo rei de Inglaterra, Ricardo Corazón de León, continuou coa política paterna de suxeición da Bretaña e apresou á duquesa en 1197 en Carhaix. Os bretóns reaccionaron e derrotaron á súa armada, motivo polo cal Artur I da Bretaña foi confiado ó rei de Francia, Filipe Augusto, a fin de garantir a súa seguridade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.