Glicosa 6-fosfato
From Wikipedia, the free encyclopedia
A glicosa 6-fosfato [1] (tamén escrita glicosa-6-fosfato [2]) é unha molécula de glicosa fosforilada no carbono 6[3]. É un composto moi común nas células, xa que a gran maioría da glicosa que entra na célula termina sendo fosforilada e convertida en glicosa 6-fosfato; unha vez fosforilada a carga negativa que ten o fosfato a pH celular impídelle saír da célula, porque non pode atravesar a membrana celular. Intervén en diversas rutas metabólicas entre as que podemos salientar as seguintes:
Glicosa 6-fosfato | |
---|---|
![]() |
![]() |
D-Glicopiranosa 6-fosfato | |
Identificadores | |
Número CAS | 56-73-5 |
PubChem | 208 |
ChemSpider | 17216117 |
MeSH | Glucose-6-phosphate |
ChEBI | CHEBI:4170 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H13O9P |
Masa molecular | 260,136 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Ademais, a glicosa 6-fosfato pode ser convertida en glicóxeno (almacén enerxético depositado no fígado ou no músculo en animais) ou en amidón (en plantas).