![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/Giuseppe_Bergomi.jpg/640px-Giuseppe_Bergomi.jpg&w=640&q=50)
Giuseppe Bergomi
futbolista italiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Giuseppe Raffaele Bergomi, tamén coñecido como Beppe, nado en Settala, provincia de Milán, o 22 de decembro de 1963, é un exfutbolista italiano.
Bergomi | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Giuseppe Raffaele Bergomi | ||
Nacemento | 22 de decembro de 1963 | ||
Lugar de nacemento | Milán e Settala | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1972–1977 | Settalese | ||
1977–1980 | Inter de Milán | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1979–1999 | Inter de Milán | 519 | (23) |
Selección nacional | |||
1981–1984 | Italia sub-21 | 7 | (0) |
1982–1998 | Italia | 81 | (6) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Considerado un dos mellores defensas da súa xeración,[1][2][3][4] desenvolveu toda a súa carreira como futbolista no Inter de Milán, club que capitaneou desde 1992 ata 1999 e co que conquistou un campionato da Serie A, unha Copa Italia, unha Supercopa italiana e tres Copas da UEFA.[5][6]
Foi 81 veces internacional coa selección italiana, da que foi capitán de 1988 a 1991, e participou con ela en catro Copas do Mundo (España 1982, México 1986, Italia 1990 e Francia 1998) e unha Eurocopa (Alemaña Occidental 1988).[7] A vitoria no Mundial de 1982 converteuno, con 18 anos, no segundo futbolista máis novo en gañar o torneo, só superado en precocidade por Pelé.[8]
É o segundo xogador con máis partidos na historia do Inter de Milán, só por detrás de Javier Zanetti, e o futbolista con máis partidos disputados na historia da Copa da UEFA/Europa League (96).[9] No seu día foi tamén o futbolista con máis encontros na Copa Italia (119),[10][11] e en competicións de clubs da UEFA (117).[10] No momento da súa retirada era tamén o xogador con máis partidos disputados cun só club italiano.[12]
Foi incluído tres veces consecutivas, de 1989 a 1991, no once ideal da revista Onze Mondial,[13] e en 1997 gañou o Premio Scirea.[14] Trala súa retirada foi incluído no FIFA 100,[15] no Salón da Fama do Fútbol Italiano e no Salón da Fama do Inter de Milán.[16][17]