FIFA 100
From Wikipedia, the free encyclopedia
FIFA 100 cos nomes dos 125 mellores xogadores vivos publicada o 4 de marzo do 2004 na gala do centenario da FIFA. Esta lista, que causou polémica, foi confeccionada por Pelé, e nela hai 75 futbolistas retirados e 50 en activo.
Entre as moitas críticas que recibiu está a decisión de escoller só ós xogadores que aínda están vivos, feito un tanto estraño que aínda se volve máis se temos en conta que xogadores coma George Best morreron pouco despois de publicarse a lista. Gérson, o lendario centrocampista brasileiro, rachou unha copia da lista na televisión expresando así o seu desacordo coa elección feita por Pelé.