Giovanni Pierluigi da Palestrina , nado o 3 de febreiro de 1525 [1] e finado o 2 de febreiro de 1594 , foi un compositor italiano de repertorio coral do Renacemento . Foi o máis famoso representante da Escola Romana , no século XVI . Palestrina exerceu unha grande influencia no desenvolvemento da música sacra na Igrexa Católica .
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Giovanni Pierluigi da Palestrina Biografía Nacemento 3 de febreiro de 1525 ↔ 2 de febreiro de 1526 Palestrina (Estados Pontificios)
Morte 2 de febreiro de 1594 (68/69 anos)Roma (Estados Pontificios)
Lugar de sepultura Basílica de San Pedro Mestre de capela basílica de Santa María a Maior
1 de marzo de 1561 –
Datos persoais País de nacionalidade Estados Pontificios Actividade Ocupación compositor , organista , director de coro , profesor de música , mestre de capela , cantante Período de actividade 1554 (Gregoriano) - Xénero artístico Música renacentista , música relixiosa , misa , Mottetto e música sacra (pt) Profesores Robin Mallapert (pt) , Firmin Lebel (en) , Giacomo Coppola (en) , Giovanni Animuccia , Claude Goudimel (pt) e Robert de Févin (en) Alumnos Tomás Luis de Victoria , Giovanni Maria Nanino (pt) , Giovanni Francesco Anerio (pt) , Francesco Soriano (en) , Francisco Leontaritis (en) , Asprilio Pacelli (en) , Annibale Stabile (en) , Ruggiero Giovannelli (en) , Arcangelo Crivelli (pt) , Gregorio Allegri (pt) e Alessandro Romano (en) Lingua Lingua italiana Orde relixiosa Orde Franciscana Instrumento Órgano Familia Cónxuxe Lucrezia Gori Virginia Dormoli
Pechar
Estatua dedicada ao compositor na cidade de Palestrina
Compositor prolífero, publicou moito en vida e as súas obras foron apreciadas como óperas primas da polifonía .