escritor italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Giorgio Bassani, nado en Boloña en 1916 e finado no ano 2000, foi un escritor e xornalista italiano de orixe xudía.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
(1974) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1916 Boloña, Italia |
Morte | 13 de abril de 2000 (84 anos) Roma, Italia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–2000) Reino de Italia (1916–1946) |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade de Boloña |
Actividade | |
Ocupación | poeta , xornalista , político , crítico literario , guionista , escritor , xornalista de opinión |
Período de actividade | 1940 - |
Empregador | La Feltrinelli (en) |
Partido político | Partido Socialista Italiano |
Membro de | |
Lingua | Lingua italiana |
Familia | |
Irmáns | Jenny Bassani Liscia |
Premios
| |
Páxina web | fondazionegiorgiobassani.it |
|
Estudou na Universidade de Boloña co historiador Roberto Longhi e en clases privadas co tamén historiador e filósofo Benedetto Croce. En 1943 uniuse á resistencia antifascista polo que as autoridades arrestárono en Ferrara en maio de 1944, aínda que saíu en liberdade en xullo, trasladouse a Roma e alí editou a revista literaria, Botteghe oscure entre 1948 e 1960. Tamén foi editor de Paragone, xornal que fundara Longhi coa súa dona, Anna Band.
Como editor da editora Feltrinelli foi o primeiro en recoñecer o mérito literario de Il gattopardo de Giuseppe Tomasi di Lampedusa. Foi vicepresidente da RAI. En 1940 publicou a súa primeira obra, Una città di pianura, pero a primeira en ser recoñecida foi un volume de relatos, Cinque storie ferraresi que publicou en 1956, ao que seguiu unha serie de novelas centradas en Ferrara, Il romanzo di Ferrara, Il giardino dei Finzi-Contini, Gli occhiali d'oro, Dietro la porta, L'airone e L'odore di fieno.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giorgio Bassani |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.