futbolista italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Giacinto Facchetti, nado o 18 de xullo de 1942 en Treviglio e finado o 4 de setembro de 2006 en Milán, foi un futbolista italiano que xogaba na demarcación de defensa. Foi campión da Eurocopa de Fútbol de Italia 1968.
Giacinto Facchetti | |||
---|---|---|---|
Sello de Ajman adicado a Giacinto Facchetti | |||
Información persoal | |||
Nome | Giacinto Facchetti | ||
Nacemento | 18 de xullo de 1942 (82 anos) | ||
Lugar de nacemento | Treviglio | ||
Falecemento | 4 de setembro de 2006 | ||
Lugar de falecemento | Milán | ||
Altura | 1.88 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1956-1960 | CS Trevigliese | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1960-1978 | Internazionale | 475 | (59) |
Selección nacional | |||
1963–1977 | Selección de fútbol de Italia | 94 | (3) |
Na rede | |||
http://giacintofacchetti.org/ | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Comezou a xogar no equipo da súa cidade natal, o CS Trevigliese. No ano 1960 fichou polo Inter de Milán da man do técnico arxentino Helenio Herrera, no que desenvolvería o resto da súa carreira futbolística e converténdose nun dos mellores laterais da súa época. Entre os títulos conseguidos co equipo de Milán destacan as dúas Copas de Europa consecutivas (1964 e 1965). Na súa honra o equipo retirou o dorsal número 3.
Debutou coa Selección de fútbol de Italia no ano 1963, disputando un total de 94 encontros e sendo capitán en 70 deles. Na súa traxectoria disputou os Mundiais de fútbol de Inglaterra 1966, México 1970 e Alemaña Federal 1974. Tamén formou parte da selección que se proclamou campioa da Eurocopa de Fútbol Italia 1968.
Trala súa retirada en 1978 exerceu diversos cargos no Inter, dende director técnico ata vicepresidente, finalmente foi escollido presidente do club no ano 2004.
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Serie A | Inter de Milan | Italia | 1962/63 |
Serie A | Inter de Milan | Italia | 1964/65 |
Serie A | Inter de Milan | Italia | 1965/66 |
Serie A | Inter de Milan | Italia | 1970/71 |
Copa de Italia | Inter de Milan | Italia | 1977/78 |
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Eurocopa de Fútbol | Selección de fútbol de Italia | Italia | 1968 |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Giacinto Facchetti |
A Galicitas posúe citas sobre: Giacinto Facchetti |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.