From Wikipedia, the free encyclopedia
George Andrew Romero, nado en Nova York o 4 de febreiro de 1940 e finado o 16 de xullo de 2017 en Toronto, foi un director de cine, guionista e editor estadounidense de orixe galega.
George Romero no Festival de Cine de Venecia no 2011. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1940 Nova York Estados Unidos |
Morte | 16 de xullo de 2017 (76 anos) Toronto Canadá |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Toronto Necropolis (en) 43°40′09″N 79°21′37″O |
Educación | Universidade Carnegie Mellon Monsignor Scanlan High School (en) |
Altura | 194 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme, dirección de cine, guión cinematográfico e Cinema de terror |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | Director |
Período de actividade | 1960 - 2017 |
Familia | |
Cónxuxe | Nancy Romero (1971-1978) Christine Forrest (1981-2010) Suzanne Desrocher (2011–2017) |
Fillos | George C. Romero |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Romero é descrito a miúdo como un influente pioneiro do xénero cinematográfico de terror e foi chamado o "pai dos filmes de zombis"[1] e considerado unha "icona".[2][3] En varias ocasións contou o impacto que tiveron nel as historias da Santa Compaña que lle contaban as súas tías da Coruña,[4] No documental "George Romero: zombis e Santa Compaña" explórase esa relación.[5]
George A. Romero naceu en Nova York, no barrio do Bronx, sendo fillo de Anne Romero (nada como Dvorsky) e George Romero, un artista comercial.[6] A súa nai era de orixe lituana, e o seu era un galego que emigrou até Cuba sendo un neno.[7][8] O seu pai naceu en Galicia, posiblemente na Coruña, sendo a súa familia orixinaria da vila de Neda,[9][10] e alí viviu até os dous anos de idade. Criouse en Cuba, pero emigrou moi novo a Nova York. O seu avó naceu na Mourela do Medio (Neda), no fondo da ría de Ferrol, e emigrou a Cuba, aínda que sempre regresaba a Galicia cando a muller estaba embarazada, porque quería que os seus fillos nacesen no país.[9][10]
Comezou a rodar curtametraxes e anuncios en 1960. Tras unha primeira experiencia no terror fundou cuns amigos a produtora Images Ten Productions, coa que filmou en 1968 A noite dos mortos viventes, que acabou por se converter nunha película de culto. A súa familia galega colaborou no financiamento do filme.[11]
Considerado o gran creador das películas de zombis (ás que volvería repetidamente na súa carreira), nos seus filmes emprega o terror para reflexionar sobre temas sociais, como o racismo (Night of the Living Dead), o consumismo (Dawn of the Dead) ou a loita de clases (Land of the Dead).
Ano | Filme | Director | Guionista | Montador | Actor | Personaxe |
---|---|---|---|---|---|---|
1968 | A noite dos mortos viventes | Washington reporter | ||||
1971 | There's Always Vanilla | |||||
1973 | Season of the Witch | |||||
The Crazies | Mayor | |||||
1978 | Martin | Father Howard | ||||
Zombie | TV Director | |||||
1981 | Knightriders | |||||
1982 | Creepshow | |||||
1985 | Day of the Dead | Zombie with scarf | ||||
Document of the Dead | El mesmo | |||||
1987 | Creepshow 2 | |||||
Drive-In Madness | El mesmo | |||||
1988 | Atracción diabólica | |||||
1990 | Tales from the Darkside: The Movie | |||||
Two Evil Eyes | ||||||
Night of the Living Dead | ||||||
1991 | O silencio dos cordeiros | Axente do FBI en Memphis | ||||
1993 | The Dark Half | |||||
2000 | Bruiser | |||||
The American Nightmare | El mesmo | |||||
2004 | Dawn of the Dead | |||||
2005 | Midnight Movies: From the Margin to the Mainstream | El mesmo | ||||
Land of the Dead | Puppeteer | |||||
2006 | Night of the Living Dead 3D | |||||
2007 | Diary of the Dead | Police Chief Arthur Katz | ||||
2008 | Day of the Dead | |||||
Dead On: The Life and Cinema of George A. Romero | El mesmo | |||||
2009 | Deadtime Stories | El mesmo | ||||
Survival of the Dead | ||||||
2010 | The Crazies | |||||
2011 | Deadtime Stories 2 | El mesmo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.