Filme de 1968 dirixido por George A. Romero From Wikipedia, the free encyclopedia
A noite dos mortos viventes (en inglés: Night of the Living Dead) é un filme estadounidense dirixido por George A. Romero que se estreou en 1968. Está protagonizado por Duane Jones e Judith O'Dea. Tivo un orzamento de 114 000 dólares e converteuse nun grande éxito comercial recadando 12 millóns de dólares nos Estados Unidos e 18 millóns internacionalmente. Dende entón, converteuse nun clásico de culto, e malia que nun primeiro momento, foi duramente criticado polo seu gore explícito, foi posteriormente louvado pola crítica e seleccionado pola Biblioteca do Congreso para a súa conservación no National Film Registry, como un filme "cultural, histórico, ou esteticamente significativo".[3]
A noite dos mortos viventes | |
---|---|
Imaxe do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Night of the Living Dead |
Director | George A. Romero |
Produtor | Karl Hardman Russell Streiner |
Guión | George A. Romero John A. Russo |
Intérpretes | Judith O'Dea Duane Jones Marilyn Eastman Karl Hardman Judith Ridley Keith Wayne |
Música | William Loose |
Fotografía | George A. Romero |
Montaxe | George A. Romero John A. Russo |
Estudio | Image Ten Laurel Group Market Square Productions |
Distribuidora | The Walter Reade Organization Continental Distributing |
Estrea | 1 de outubro de 1968 13 de maio de 1991 (TVG) |
Duración | 96 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $114 000[2] |
Recadación | $30 000 000[2] |
Na rede | |
|
Entrou no dominio público debido a un erro na distribución, xa que nos títulos de crédito non aparecía o copyright indicando o dereito de autoría. Con todo, unha nova copia restaurada en 4K ficou fóra do dominio público. Netflix retirou do seu catálogo o filme por un requirimento de Alemaña.[4]
O director recorreu á súa familia na Coruña para conseguir o financiamento necesario para rodar a que foi a súa primeira película. Ademais, George A. Romero dixo en diversas ocasións que as historias sobre a Santa Compaña que lle contaba a súa tía galega inspirárono para escribir o guión do filme.[5]
Foi emitido na TVG o 13 de maio de 1991.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.