Gentiana verna
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Gentiana verna é unha especie do xénero Gentiana e un dos seus integrantes máis pequenos, normalmente acada uns poucos centímetros de altura.
Gentiana verna | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Gentiana verna' L. |
O seu talo, erecto, é moi curto e soporta ata tres pares de follas, elípticas ou lanceoladas. A flor é de cor azul moi intensa, ás veces púrpura-vermella nos bordos e nervios medios, e de raro en raro branca[1], ten entre 1 e 2 cm de diámetro, e o tubo da corola preséntase estreito con cinco sépalos no cáliz; florea a finais da primavera e no comezo do verán,[1] e atrae bolboretas, abellas e particularmente abesouros para a polinización. As formigas son responsables da difusión das súas sementes.
G. verna é unha das plantas máis difundida do seu xénero, atopándose nas praderías alpinas de toda Eurasia, desde Irlanda ata Rusia. É común no centro e sueste de Europa, en macizos montañosos medios como o Xura e os Balcáns ata unha altitude de 2.600 metros. En Galicia unicamente medra na Serra da Capelada,[2] onde estaba descrita en 2007 como frecuente localizándose nunha altitude de entre 380 a 475 m.[3] No norte de Europa, é moi raro, tan só se observa en Teesdale no norte de Inglaterra, e unhas poucas localidades no oeste de Irlanda.[1] Tamén se atopa nas rexións montañosas que van do Alto Atlas de Marrocos ata as montañas de Turquía, Iraq e Irán. Prospera en prados secos con solo de pedra calcaria. En varios países está considerada especie en extinción.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.