Eugene Andrew Cernan, nado en Chicago (Illinois) o 14 de marzo de 1934 e finado en Houston (Texas) o 16 de xaneiro de 2017, foi un astronauta estadounidense. Formou parte das misións Gemini 9A, Apollo 10 e Apollo 17, e pasou un total de 23,59 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
Graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade Purdue en 1956 e en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos. Foi un dos catorce candidatos a astronauta seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Na misión Gemini 9A ocupou o posto de piloto, con Tom Stafford como comandante. Máis tarde formou parte da tripulación de apoio das misións Gemini 12 e Apollo 7. Foi piloto da misión Apollo 10, lanzada o 18 de maio de 1969, que orbitou a Lúa. A súa última misión foi como comandante da misión Apollo 17, a última misión tripulada cara a Lúa. Pasou no espazo un total de 23,59 días.[1][2]
Vida persoal
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.