From Wikipedia, the free encyclopedia
Gail Marie Bradbrook, nada en South Elmsall o 30 de abril de 1972, é unha activista polo clima británica e cofundadora do movemento social ambiental Extinction Rebellion.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1972 (52 anos) South Elmsall, Reino Unido (pt) |
Residencia | Stroud (pt) |
Educación | University of Manchester Institute of Science and Technology (en) |
Actividade | |
Ocupación | científica, activista climática, activista social, ecoloxista |
Membro de | |
Bradbrook naceu no condado de Yorkshire do Oeste e o seu pai traballaba nunha mina en South Kirkby. Estudou biofísica molecular na Universidade de Mánchester e realizou un doutoramento. Despois de graduarse, realizou traballos postdoctorais na India e Francia.[1][4] O interese polos dereitos dos animais levou a Bradbrook a unirse ao Partido Verde con 14 anos.[5]
De 2003 a 2017 foi directora de estratexia en Citizens Online, unha organización que promove un acceso máis amplo a Internet para usuarios discapacitados. Durante ese período, participou no lanzamento da campaña "Fix the Web" en novembro de 2010.[6]
Participou en varios grupos activistas en Stroud, incluído un período no que estivo como directora voluntaria da organización Transition Stroud entre 2010 e 2013, así como unha protesta contra o fracking, diversas accións en oposición á construción dun incinerador local, incluíndo unha protesta nudista, e un bloqueo de Extinction Rebellion en Merrywalks, Stroud.[7][8][9][10][11][12][13] En 2015, con George Barda, creou o grupo Compassionate Revolution (que se transformou en Rising Up!, de onde xurdiu Extinction Rebellion:[14][15][16]
“Bradbrook estivera involucrada no movemento Occupy e as campañas en torno ao pico do petróleo, pero non puideron engalar".[17]
En 2016, foise a un retiro psicodélico a Costa Rica, "onde tomou ayahuasca, iboga e kambo, en busca de certa claridade no seu traballo".[17][18] Esa experiencia "fixo que cambiase o seu enfoque" para facer campaña. Pouco despois de regresar, coñeceu a Roger Hallam e crearon xuntos Extinction Rebellion. Bradbrook protesta para crear conciencia sobre os perigos do cambio climático antropoxénico e cre que só a desobediencia civil a grande escala pode provocar o cambio que se necesita.[19]
Bradbrook casou dúas veces, a primeira vez con Jeffrey Forshaw e ten dous fillos.[4][20] Vive en Stroud do mesmo xeito que o seu ex compañeiro Simon Bramwell, tamén cofundador de Extinction Rebellion.[21][22][23]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.