O gabián de penacho (Spizaetus ornatus) é un paxaro de presa orixinario da América tropical.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Pechar

Características

É unha ave de rapina de tamaño medio a grande de entre 60 a 70 cm de lonxitude, e un peso que rolda os 1,6 kg. Ten o lombo de cor parda escura ou chocolate e ás negras satinadas, algo meirandes que as dun azor; as partes inferiores teñen un xaspeado en grosas bandas brancas e negras; un par de "bigotes" negros que delimitan unha gargueira branca, e unha crista tamén negra que se ergue cando se excita. As patas son recias e correosas, con unllas dun considerable tamaño, emplumadas até o torso. O peteiro longo e os ollos de cor ámbar enmarcados por fondos arcos superciliares lembran á testa dunha aguia. En voo, as ás anchas e arredondeadas así como a cola amosan un deseño en bandas de cor semellante ó doutras rapaces.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.