Gómez Núñez de Pombeiro
nobre e militar galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gómez Núñez de Pombeiro ou Gomes Nunes, floruit 1071-1141, foi conde de Tui, líder político e militar galego-portugués. O seu poder radicaba no val do Miño, principalmente polo lado norte, limitado polo Atlántico polo oeste, correspondéndose aproximadamente coa diocese de Tui. Alí, segundo unha fonte contemporánea, tiña "un sitio forte, un valado de castelos e multitude de cabaleiros e infantería".[1]
potens situ et munimine castellorum et multitudine equitum atque peditum[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Galicia |
Morte | Despois de 1141 |
Alférez maior de Portugal Condado Portucalense | |
1112 (Gregoriano) – 1112 (Gregoriano) ← Pedro Pais da Silva (pt) – Gonçalo Rodrigues da Palmeira (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | conde |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Outro | |
Título | Conde de Tui |
Cónxuxe | Elvira Pérez de Traba, filla de Pedro Froilaz de Traba |
Fillos |
|
Pais | Nuno Vázquez de Celanova e Sancha Gómez de Sousa |
Irmáns | Sancho Nunes de Celanova e Afonso Núñez de Celanova |
Nas guerras civís do reinado de Urraca, favoreceu o seu fillo, o futuro Afonso VII, e figura entre os xefes galegos da causa deste último, con Diego Xelmírez e Pedro Fróilaz de Traba. A principios da década de 1120, despois da paz entre Urraca e Afonso, foi aliado de Tareixa, condesa de Portugal, e do seu amante, Fernando Pérez. Inicialmente apoiou a Afonso contra o fillo de Tareixa, Afonso Henriques, pero o seu último acto público foi apoiar o incipiente Reino de Portugal de Afonso. Morreu no exilio.