fenómeno meteorolóxico From Wikipedia, the free encyclopedia
Un furacán[1] é un fenómeno meteorolóxico consistente nun tipo de sistema de baixa presión que se forma xeralmente nas rexións tropicais. Aínda que estes meteoros poidan ser altamente destrutivos para o ser humano e o seu contorno, son unha parte importante do sistema de circulación atmosférico, levando a calor da rexión ecuatorial a latitudes máis altas.
O vocábulo Furacán ten orixe no nome do deus Huracan, na maioría das linguas faladas na península do Iucatán na América Central, principalmente polos maias.
Segundo a mitoloxía maia, o deus Huracan encargábase da tarefa constante de destruír e reconstruír a natureza e por esta razón, posibelmente, foi asociado ás tormentas e tempestades.
Os conquistadores españois colleron a palabra para designar grandes tempestades e así a transmitiron a outros idiomas.
Estruturalmente, un furacán é unha grande área xiratoria de nubes, e actividades de tempestade. A fonte de enerxía primaria dun furacán é o lanzamento de calor pola condensación de vapor de auga que condensa a altitudes elevadas. Por isto, un furacán pode ser considerado como unha xigante máquina de calor vertical.
para que se forme un furacán, debe existir unha perturbación de tempo preexistente, estaren os océanos tropicais mornos, unha alta humidade, e ventos relativamente fortes no alto.
Se tales condicións persistiren por moito tempo, poden combinarse para producir ademais ventos violentos, ondas incribles, choivas torrenciais, e inundacións asociadas a este fenómeno.
Este uso de condensación como forza motriz é a diferenza primaria que distingue os furacáns doutros fenómenos meteorolóxicos, como ciclóns de media-latitude que extraen a enerxía principalmente das variacións de temperatura preexistentes na atmosfera. Para formar a máquina de calor, un furacán ten que ficar enriba de auga morna que prové a humidade atmosférica necesaria. A evaporación desta humidade é dirixida polos ventos altos e presente de presión atmosférico reducida na tempestade e resulta nun ciclo sustentado.
Os furacáns clasifícanse en tres grupos principais:
Unha depresión tropical é un sistema organizado de nubes e temporais cunha circulación de superficie definida soportando ventos de menos de 17 metros por segundo (62 km/h). Non ten ningún ollo, e non ten a forma espiral das tempestades tipicamente poderosas.
Unha tempestade tropical é un sistema organizado de tempestades fortes cunha circulación de superficie definida sustentando ventos entre 17 e 33 metros por segundo (34 a 63 nós, 39 a 73 mph, ou 62 a 117 km/h). Neste momento, a forma ciclónica distintiva comeza a se desenvolver, mentres que normalmente non hai un ollo.
Esta é a intensidade á cal furacáns tenden a desenvolver un ollo que é unha área de calma relativa cercada polos ventos máis fortes da tempestade, no ollo de auga. Os máis fortes destas tempestades tiveron unha velocidade do vento de 85 metros por segundo (305 km/h).
Noutros lugares no mundo, os furacáns foron chamados tamén de Bagyo na Filipinas, Chubasco no México, e Taíno no Haití.
Os furacáns están categorizados nunha escala de 1 a 5 de acordo coa forza dos ventos denominada Escala de furacáns Saffir-Simpson. Un furacán categoría 1 ten as máis baixas velocidades do vento, mentres que un de categoría 5 ten a máis forte. Esta escala indica importancia relativa, pois ás veces unha tempestade de categoría menor pode inflixir maior dano que unha de categoría máis alta, dependendo do lugar onde acontece o fenómeno. De feito, as tempestades tropicais tamén poden producir danos significativos e perda de vidas, principalmente debido ás inundacións.
A definición de ventos continuos recomendada pola Organización Meteorolóxica Mundial (WMO) é faise a unha media de dez minutos. Esta definición é adoptada pola maioría dos países. Non obstante, algúns países usan definicións diferentes: por exemplo, os Estados Unidos definen ventos continuos baseados nun minuto de media de vento medido a aproximadamente 10 metros sobre a superficie.
Tamén hai unha versión polar ao furacán, chamado ciclón ártico.
A maioría dos furacáns fórmanse nunha faixa próxima ao ecuador, chamada Fronte Intertropical (ITF), Intertropical Convergence Zone (ITCZ) ou faixa dos monzóns.[2][3][4] Outra importante fonte de inestabilidade atmosférica atópase nas ondas tropicais, que contribúen ao desenvolvemento de arredor do 85 % dos furacáns intensos no océano Atlántico e na maioría dos do Pacífico oriental.[5][6][7] A maioría dos furacáns fórmanse entre os 10 e os 30 graos de latitude,[8] e o 87 % fórmase non máis lonxe dos 20 graos norte ou sur.[9][10] Debido a que o efecto Coriolis inicia e mantén a súa rotación, os furacáns poucas veces se forman ou moven a 5 graos do Ecuador, onde o efecto é feble.[9] Con todo, é posible que se nesas áreas como os que tiveron lugar en 2001 e 2004.[11][12]
Hai sete zonas principais de formación de furacán:
1 - océano Pacífico Norte Occidental: As actividades de tempestade tropical nesta rexión frecuentemente afectan á China, o Xapón, Filipinas e Taiwán. Esta é sen dúbida a zona máis activa, cun terzo da actividade de furacáns no mundo. Tanto as organizacións de meteoroloxía nacionais, como tamén o Joint Typhoon Warning Center (XTWC) son responsables das previsións e advertencias emitidas nesta zona.
2 - océano Pacífico Norte Oriental: Esta é a segunda zona máis activa no mundo, e tamén é a máis densa (un gran número de tempestades para unha pequena área de océano). Tempestades que forman nesta zona poden afectar o México occidental, Hawai e en ocasións extremadamente raras, California. O Central Pacific Hurricane Center é o responsable de prever a parte occidental desta área, e o National Hurricane Center para a parte oriental.
3 - océano Pacífico Occidental Sur: As actividades nesta rexión afectan a Australia e Oceanía en gran parte. A previsión e feita pola Australia e Nova Guinea.
4 - Océano Índico Norte: Esta zona é dividida en dúas áreas, a Baía de Bengala e o Mar Arábigo, coa Baía de Bengala como dominante (5 a 6 veces máis actividades). Furacáns que forman nesta zona son as que historicamente máis vidas levan. O ciclón de Bhola de 1970 matou 200,000. Nacións afectadas por esta zona inclúen a India, Bangladesh, Sri Lanka, Tailandia, Birmania, e Paquistán, e todos estes países emiten previsións e advertencias na rexión. Raramente, un furacán formado nesta zona afectará a Península Árabe.
5 - Océano Índico sueste: As actividades nesta rexión afectan a Australia e Indonesia, e é previsto por esas nacións.
6 - Océano Índico suroeste: Esta zona é o menos estudado, debido a unha falta de dados históricos. Os ciclóns que aquí se forman chegan a Madagascar, Mozambique, Illas Mauricio, e Kenya, e estas nacións emiten previsións e advertencias para a zona.
7 - Zona Atlántico norte: E o máis estudado de todas as zonas tropicais. O Atlántico norte inclúe o océano Atlántico, o mar Caribe, e mailo golfo de México. Os Estados Unidos, México, América Central, as Illas Caribeñas e o Canadá están afectados a través de tempestades nesta zona. As previsións para todas as tempestades son emitidas polo National Hurricane Center en Miami, Florida e mais no Centro de Furacán Canadense, en Halifax, Nova Escocia, Canadá. Os furacáns que golpean México, América Central, e as nacións das Illas Caribeñas, causan frecuentemente danos inmensos. Son máis mortais cando pasan a augas máis mornas.
Son áreas raras de acontecer furacáns:
- Océano Atlántico Meridional: Unha combinación de augas máis frescas, a falta dunha zona de converxencia intertropical, e mudanzas de vento fan que sexa moi difícil para o Atlántico Meridional xerar un furacán. No entanto, foron observados tres furacáns nesta rexión. Unha tempestade tropical fraca en 1991 na costa de África, o furacán Catarina que aconteceu no litoral do estado de Santa Catarina no Brasil en 2004 e unha tempestade menor en xaneiro de 2004, no leste de Salvador, Brasil.
- Pacífico Norte Central: Nesta rexión é comunmente frecuentada por furacáns que se forman no Pacífico nororiental, moito máis favorable na Zona de Pacífico.
- Mar Mediterráneo: Na zona mediterránea acontecen ás veces tempestades que semellan furacáns en estrutura, tales tempestades formáronse en setembro de 1947, setembro de 1969, xaneiro de 1982, setembro de 1983, e xaneiro de 1995. Hai debate en se estas tempestades eran tropicais na súa natureza. En 2020 xorde a verba 'Medicán', en vista do aumento de potencia e frecuencia destes fenómenos, designando así ós furacáns mediterráneos a partir do Ianos.[13]
Un furacán forte consta dos seguintes compoñentes:
A formación de furacáns aínda é tema de intensas investigacións, e aínda non é completamente comprendido. Cinco factores son necesarios para tornar formación dun furacán:
O seu movemento vai en xeral de leste a oeste.[14]
No norte do océano Atlántico, a tempada de furacáns ten lugar entre o 1 de xuño e o 30 de novembro, acadando o pico a dende finais de agosto ata setembro.[15] O pico estatístico é o 10 de setembro. No nordés do océano Pacífico ten un período de actividade máis amplo mais na mesma época do ano que no Atlántico.[16] No noroeste do Pacífico os furacáns teñen lugar todo o ano, cun mínimo en febreiro e marzo e un máximo en setembro.[15]
No norte do océano Índico, os furacáns son máis comúns de abril a decembro, con picos en maio e novembro.[15] No hemisferio sur, o ciclo de furacáns comeza o 1 de xullo. A temporada de actividade dura entre o 1 de novembro e o final de abril, con picos a mediados de febreiro e marzo.[15][17]
Un Furacán pode deixar de ter as súas características tropicais de varios modos:
No Atlántico Norte, unha estación de furacán distinta acontece do 1 de xuño a 30 de novembro, co seu cume a comezos de setembro. O Pacífico nordeste ten un período máis longo de actividade, mais nunha formación de tempo semellante ao Atlántico. O Pacífico noroeste ten furacáns durante o ano todo, cun mínimo en febreiro e co seu auxe no inicio de setembro. Na zona do Índico norte, as tempestades son moi comúns de abril a decembro, con cumes en maio e novembro. No hemisferio meridional, as actividades de furacáns comezan en inicio de outubro, e fins de maio. Os auxes de actividade no hemisferio meridionais son a mediados de febreiro a inicio de marzo.
Porén, os furacáns poden ocorrer en rexións que nunca sufriron o fenómeno, como a rexión Sur de Santa Catarina, onde houbo dous ciclóns, sendo o máis famoso o Furacán Catarina, con ventos de ata 160 Km/h, que provocou o destellamento de centenas de residencias na rexión.
Os furacáns intensos son un desafío para a observación particular. Ao seren un fenómeno oceánico perigoso, as estacións de monitorización do tempo raramente están dispoñibles no lugar da tempestade, a menos que estea nunha illa ou unha área litoral, ou un navío que estea na tempestade. Ata mesmo nestes casos, só será posible observar na periferia do furacán ,onde as condicións son menos catastróficas.
O ciclón tamén pode ser monitorizado a través de radar, e por satélites do tempo que usan luz visible e infravermella.
O madurecemento do furacán pode lanzar calor por riba dunha taxa de 6x1014 watts. Esta é duascentas veces a taxa total de produción eléctrica humana, e é equivalente a detonación dunha bomba nuclear de 10 megatóns durante 20 minutos. Os furacáns no mar aberto causan grandes ondas, choivas pesadas, e altos ventos que ás veces afundan navíos. Porén, os efectos máis devastadores dun furacán acontecen cando cruzan litorais e causando grandes precipitacións de auga.
Frecuentemente, os efectos secundarios dun furacán son igualmente catastróficos. Eles inclúen:
A WMO - World Meteorological Organization (Organización Meteorolóxica Mundial) selecciona os nomes para Zona do Atlántico e tempestades do Pacífico central e oriental.
Actualmente, nas rexións do Atlántico e do Pacífico Nororiental colócanse nomes femininos e masculinos durante unha determinada estación alternadamente, en orde alfabética. O tipo da primeira tempestade da estación tamén alterna de ano en ano. Hai preparadas 6 listas de nomes, cos seus antecedentes, e úsanse de novo nun ciclo de 6 anos (cada ano úsase unha lista diferente).
Os nomes poden ser retirados a petición de países afectados se causaron un dano extenso a poboación e propiedades.
Na rexión de Pacífico Norte Central, as listas de nome son mantidas polo Central Pacific Hurricane Center en Honolulu, Hawai. Selecciónanse 4 listas de nomes hawaianos e son usadas en orde consecutiva sen levar en conta o ano.
No Pacífico Norte Occidental, as listas de nomes son mantidas polo WMO. Úsanse cinco listas de nomes, con cada unha das 14 nacións no Comité de Tifón que inclúe 2 nomes en cada lista.
A Axencia Meteorolóxica do Xapón usa un sistema secundario no Pacífico Norte Occidental que numera o furacán en orde, reaxustado a cada 31 de decembro.
A Axencia Australiana de Meteoroloxía mantén tres listas de nomes, unha para cada rexión occidental, norte e oriental australiana. Tamén hai rexións de Fidxi e Papúa-Nova Guinea. O Servizo Meteorolóxico das Illas Seicheles mantén unha lista para o océano Índico Suroeste.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.