From Wikipedia, the free encyclopedia
O Frasniano ou Frasnense é un dos dous pisos faunísticos do Devoniano tardío. Durou desde hai 382.7 millóns de anos a hai 372.2 millóns de anos. Foi precedido polo piso Givetiano e seguido polo piso Famenniano.
Durante o Frasniano producíronse grandes construcións de arrecifes, especialmente no oeste do Canadá e Australia. En terra, estaban formándose os primeiros bosques. En América do Norte o oroxenia Antler estaba no seu auxe, que foi contemporánea da fase Bretónica da oroxenia varisca ou herciniana en Europa.
O Frasniano coincide coa segunda metade da "interrupción do carbón vexetal" no rexistro fósil, un intervalo de tempo con baixos niveis de oxíxeno atmosférico, por debaixo do 13%, o mínimo necesario para que poida haber lumes forestais.[5]
En América do Norte fanse as seguintes subdivisións no Frasniano:
O piso Frasniano propúxoo en 1879 o xeólogo francés Jules Gosselet e foi aceptado para o piso inferior do Devoniano superior pola Subcomisión sobre Estratigrafía do Devoniano en 1981.[6] O seu nome procede do da vila belga de Frasnes-lez-Couvin.[7]