pintor vangardista francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Francis-Marie Martínez de Picabia, nado en París o 22 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1953, foi un pintor francés. Amais de practicar a pintura e o debuxo, exerceu como escritor e poeta.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) François Marie Martinez Picabia 22 de xaneiro de 1879 París, Francia |
Morte | 30 de novembro de 1953 (74 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre |
Educación | Ecole Nationale Supérieure des Arts Décoratifs (pt) Collège Stanislas (París) Académie de La Palette (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | París Barcelona Nova York |
Ocupación | pintor, poeta, debuxante, guionista, escritor, escultor |
Xénero artístico | Retrato, arte de xénero, Arte abstracta e Natureza morta |
Movemento | Cubismo, Dadaísmo e Surrealismo |
Alumnos | Buffie Johnson (pt) |
Pseudónimo literario | Udnie |
Representante | Artists Rights Society |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Gabrièle Buffet-Picabia (1909–1930) |
Fillos | Laure Marie Catalina Martinez-Picabia, Gabriel François Martinez-Picabia, Gabrielle Martinez-Picabia, Vincent Martinez-Picabia |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | picabia.com |
|
Tras comezar experimentando co impresionismo e o puntillismo, achegouse ao cubismo. Realizaba unhas composicións abstractas planas e moi coloridas e ricas en constrastes. Foi unha das primeiras figuras importantes do movemento dadaísta en Francia e nos Estados Unidos. Posteriormente asociouse, brevemente ao surrealismo para, finalmente, abandonar os círculos artísticos.
A súa nai, Marie Davanne, era francesa e o seu pai, hispano-cubano, traballaba de adxunto na embaixada española en Francia. Segundo algunhas fontes, o pai de Picabia tería ascendencia galega.[1]
Estudou na Escola de Belas Artes e na Escola de Artes Decorativas de París. Alí recibiu unha forte influencia da pintura impresionista e fauvista. Destacou a súa admiración por Camille Pissarro e sobre todo por Alfred Sisley, a quen coñeceu en 1898. Entre os anos 1909 e 1911 estivo vinculado ao cubismo e foi membro do grupo de Puteaux, no que trabou gran amizade con Marcel Duchamp.
En 1913 viaxou aos EUA, onde contactou co grupo dadá norteamericano. Participou na exposición 'Armory Show e fundou xunto a Duchamp e Ray a revista predadaísta 291. Publicou o primeiro número da revista "391", como dadaísta convencido, en Barcelona en 1916, coa colaboración de Guillaume Apollinaire, Tristan Tzara, Man Ray e Jean Arp. Uniuse a Tzara e ao grupo dadá en Zürich en 1918.
Durante tempada na que viviu na Costa Azul, a súa obra estivo fortemente influída polo surrealismo, dentro do cal suliñaba a faceta humorística particularmente provocativa. De volta en París, creou, asociado con André Breton, a revista "491". Porén, en 1922 abandonou o dadaísmo, movemento do que fora un dos principais propagadores.
Desde moi cedo mostrou interese pola fotografía, na que logo se iniciou, e polo cine. En 1924 escribiu un guión delirante sobre unha partida de xadrez entre Marcel Duchamp e Man Ray para a curtametraxe Entr'acte. Estaba dirixido por René Clair para ser proxectado no entreacto do seu ballet "instantaneísta" Relâche, con coreografía de Jean Börlin e música de Erik Satie. Colaborou tamén nos Ballets suédois de Rolf de Maré, para os que realizou varios decorados.
Afeccionado á festa e aos automóbiles (tivo uns 150), chegou a arruinarse pola súa vida dispendiosa, malia a fortuna familiar que herdara. Este feito impulsouno a pintar un gran número de lenzos de pequeno tamaño e xéneros diversos, ás veces mesmo inspirados en revistas pornográficas. De modo persoal e non profesional, cultivou a poesía.
A finais de 1951, Picabia padecía unha aterosclerose paralisante que o obrigou a deixar de pintar. Finou en París o 30 de novembro de 1953.
En 1909 casou con Gabrièle Buffet. Tiveron dúas fillas e dous fillos: Laure Marie Catalina (1910), Pancho Gabriel François (1911), Gabrielle Cécile, Jeannine (1913) e Vincente (1919).
A influencia de Picabia é fundamental na introdución da vangarda artística contemporánea no continente americano, especialmente en Nova York. Picabia foi un home aberto a todas as correntes innovadoras e rexeitou ligarse a un único tipo de expresión. Pasaría por períodos ligados ao futurismo, á figuración e, desde 1945, á arte abstracta.
Publicacións póstumas
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.