Tristan Tzara

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tristan Tzara

Samuel Rosenstock, nado en Moineşti o 16 de abril de 1896 e finado en París o 25 de decembro de 1963, foi un escritor francés de orixe romanesa, máis coñecido polo pseudónimo de Tristan Tzara.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Tristan Tzara
Thumb
Biografía
Nacemento(fr) Samuel Rosenstock
16 de abril de 1896
Moinești, Romanía
Morte24 de decembro de 1963 (67 anos)
7º distrito de París, Francia
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse, 8
Actividade
Campo de traballoPoesía, drama e Dadaísmo
Lugar de traballo Francia
Bucarest
Xenebra
Ocupacióncoleccionista de arte, artista de performance, compositor, crítico literario, debuxante, membro da resistencia francesa, fotógrafo, ensaísta, tradutor, poeta, dramaturgo, escritor, director de cinema, diplomático, activista
Período de actividade1912 -
Partido políticoPartido Comunista Francés
Xénero artísticoPoesía e panfleto
MovementoDadaísmo e Surrealismo
Influencias
Participou en
Cabaret Voltaire (pt)
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeGreta Knutson-Tzara (1925–1942), divorcio
FillosChristophe Tzara
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,
Allocine: 37923
WikiTree: Rosenstock-31
Pechar
Thumb
Tristán Tzara por Lajos Tihanyi.
Thumb
Tumba de Tristán Tzara.

Traxectoria

Residiu case toda a vida en Francia. Foi un dos autores máis importantes do movemento Dada, que fundou xunto con Hans Arp e Hugo Ball, unha corrente revolucionaria na literatura que anticipou as actitudes do surrealismo.

O movemento dadaísta orixinouse en Zürich, durante a primeira guerra mundial. Tzara escribiu os primeiros textos Dada — La Première Aventure céleste de Monsieur Antipyrine ("A primeira aventura celeste do señor Antipyrine", 1916) e Vingt-cinq poèmes (1918), así como os manifestos do movemento: Sept manifestes Dada ("Sete manifestos Dadá", 1924). En París organizou, cos seus compañeiros de movemento, espectáculos na rúa cheos de absurdismo para "épater le bourgeois" (escandalizar a burguesía) e deulle un poderoso impulso á escena dadaísta.

A finais de 1929 embarcouse no daquela recentemente inaugurado movemento surrealista de André Breton, Louis Aragon e outros autores. Dedicou gran esforzosa intentar conciliar as doutrinas filosóficas nihilistas e sofisticadas do movemento coa súa propia afiliación marxista. Participou activamente no desenvolvemento dos métodos de escritura automática, entre eles o collage e o cadáver exquisito. Desa época data o seu libro L'Homme approximatif ("O home aproximado", 1931).

Durante a segunda guerra mundial incorporouse á resistencia francesa. Tras obter a cidadanía en 1947, afiliouse ao Partido Comunista Francés. A súa militancia estenderíase ata 1956, cando, tras a invasión de Hungría polas tropas sovéticas para apagar a revolta popular, apartouse do partido. A súa obra da época é complexa, aínda que máis convencional que na súa xuventude. Nela salientan Parler seul ("Falar só", 1950) e La face intérieure ("A face interior", 1953).

Morreu en decembro de 1963 en París e foi enterrado no cemiterio de Montparnasse.

Obras

  • La première aventure céléste de Mr Antipyrine (A primeira aventura celeste do Sr. Antipyrine), 1916
  • Vingt-cinq poèmes, 1918
  • Primeiro manifesto dadá, 1918
  • "Anthologie Dada" (15 de maio de 1919) Dada (4/5)[1]
  • Cinéma calendrier du coeur abstrait (Cinema calendario do corazón abstraído), 1920
  • Sept manifestes dada (Sete manifestos dadá), 1924
  • De nos oiseaux, Poèmes (Sobre os nosos paxaros), 1929
  • L'homme approximatif (O home aproximado), 1931
  • Où boivent les loups (Onde beben os lobos), 1933
  • Midis gagnés: poèmes (Mediodías gañados), 1939
  • Le Surréalisme et l’Après-guerre, 1947
  • Entre-temps, 1946
  • La fuite : poème dramatique en quatre actes et un épilogue, 1947
  • Le Fruit permis: poèmes, 1947
  • Parler seul (Falar só), 1950
  • La face intérieure (A face interior), 1953
  • La Rose et le chien (A rosa e o can), 1958

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.