Domènec Francesc Joan Aragó i Roig, en catalán e Dominique François Jean Arago Roig en francés, coñecido nos Países Cataláns como Francesc Aragó[1] e internacionalmente como François Arago, nado en Estagell, Rosellón, o 26 de febreiro de 1786 e finado en París o 2 de outubro de 1853,[2] foi un matemático, físico, astrónomo e político.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Francesc Aragó
Lexión de Honra |
Biografía |
---|
Nacemento | (fr) Dominique François Jean Arago Roig 26 de febreiro de 1786 Estagel, Francia |
---|
Morte | 2 de outubro de 1853 (67 anos) París, Francia |
---|
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 4 Grave of Arago (en) |
---|
|
|
Head of government of France (en) |
---|
|
|
9 de maio de 1848 – 24 de xuño de 1848 ← Jacques Charles Dupont de l'Eure – Louis-Eugène Cavaignac (pt) → |
Deputado da Asemblea Nacional |
---|
23 de abril de 1848 – 2 de decembro de 1851 |
Ministro da Guerra (pt) |
---|
|
5 de abril de 1848 – 11 de maio de 1848 ← Louis-Eugène Cavaignac (pt) – Jean-Baptiste-Adolphe Charras (pt) → |
4º President of the Société des gens de lettres (en) |
---|
1840 – 1844 ← Victor Hugo – Jean-Pons-Guillaume Viennet (pt) → |
Member of the Chambre des députés des départements (en) |
---|
|
|
15 de xullo de 1831 – 24 de febreiro de 1848 |
126º Presidente Academia francesa das ciencias |
---|
1 de xaneiro de 1824 – 31 de decembro de 1824 ← Louis Jacques Thénard (pt) – Jean-Antoine Chaptal (pt) → |
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Francia |
---|
Relixión | Ateísmo |
---|
Educación | Escola Politécnica (pt) (1803–) Lycée François-Arago (en) |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Física e astronomía |
---|
Lugar de traballo | París |
---|
Ocupación | astrónomo , profesor universitario , biógrafo , político , matemático , físico , escritor |
---|
Empregador | Bureau des Longitudes (pt) |
---|
Partido político | sen valor |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Augustin Fresnel, Hippolyte Fizeau (pt) , Paul Auguste Ernest Laugier (pt) , Auguste Comte e Émile Gautier (pt) |
---|
Lingua | Lingua francesa e lingua catalá |
---|
Obra |
---|
Doutorando | Yvon Villarceau (pt) |
---|
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Familia | Arago family (en) |
---|
Fillos | Emmanuel Arago, Alfred Arago (pt) |
---|
Pais | François Bonaventure Arago e Marie Arago (pt) |
---|
Irmáns | Jean Arago (pt) , Jacques Arago (pt) , Étienne Arago (pt) , Victor Arago e Joseph Arago |
---|
Premios |
|
|
|
Pechar
Continuou o traballo de medición de meridianos para definir o metro de Barcelona a Mallorca. Descubriu varios fenómenos de electromagnetismo que lle valeron a medalla Copley. Descubriu que a velocidade da luz é independente da velocidade relativa do emisor e do receptor, o que foi a base para o desenvolvemento da teoría da relatividade. Descubriu a polarización da luz e desenvolveu a teoría ondulatoria da luz. Tamén estivo activo en numerosos campos como a meteoroloxía, a xeofísica, a astronomía ou o electromagnetismo.
Como político, de profundas ideas republicanas, foi un dos asinantes da proclamación da II República Francesa, da que foi ministro. Defendeu o sufraxio universal e decretou a abolición da escravitude en Francia.