![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/db/P%25C3%25A8re-Lachaise_-_entr%25C3%25A9e_principale_01.jpg/640px-P%25C3%25A8re-Lachaise_-_entr%25C3%25A9e_principale_01.jpg&w=640&q=50)
Cemiterio do Père-Lachaise
cemiterio en París / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cemiterio do Père-Lachaise é o maior cemiterio da cidade de París. O seu nome oficial é cimetière de l'Est. Está situado no 20º Distrito e ten a peculiaridade de que moitos parisienses o utilizan coma se fose un parque.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/Jim-Morrison_Pere_Lachaise_2.jpg/640px-Jim-Morrison_Pere_Lachaise_2.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/db/P%C3%A8re-Lachaise_-_entr%C3%A9e_principale_01.jpg/640px-P%C3%A8re-Lachaise_-_entr%C3%A9e_principale_01.jpg)
A principios do século XIX, construíronse varios cemiterios coa fin de substituír os antigos cemiterios de París. Nas aforas da capital situáronse: ao norte, o cemiterio de Montmartre; ao leste, o cemiterio do Père-Lachaise; ao sur, o cemiterio de Montparnasse e, ao oeste, o cemiterio de Passy.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/36/Piaf.grave.600pix.jpg/320px-Piaf.grave.600pix.jpg)
O nome do cemiterio provén de François de la Chaise, confesor de Lois XIV. O cemiterio realizouno o arquitecto Alexandre Théodore Brongniart e abriuse o 21 de maio de 1804. Hoxe[cando?] alberga os restos de 1 000 000 de corpos soterrados, sen contar os que foron incinerados.[Cómpre referencia]